Skip to Content

Novembro 2010

Novembro 2010

 



Calquer lugar é bom para morrer.
Nom se distingue o home da mulher.
A morte é neutra —das Tod— em alemám.
Género e sexo nom sempre vam da mam.
Pois umha cousa é a anatomia
e outra a gramática —falaz dicotomia.
Nom vejo a morte feminista ser.
Calquer lugar é bom para morrer.

Donas do tempo passado ou do actual,
a morte a todas trata-vos igual
que aos cavaleiros. Violenta, a história o di.
Muitas mulheres morrerom assi.
Em Rouen foi Joana d'Arco queimada;
Antoinette em Paris guilhotinada;
Em Chappaquiddick, Jo foi perecer.
Calquer lugar é bom para morrer.

Eis umha flor para o lume e o mar,
a praça, o paço ou calquer lugar
onde a mulher tenha o seu passamento.
Erga-se a rosa sobre o moimento.
Nesta matéria nom é discriminada.
Inês ferida, Mariana agarrotada,
Mary Jo sulagada, Jeanne a arder.
Calquer lugar é bom para morrer.


Ricardo Carvalho Calero (1910-1990)

Novembro 2010

 
 El último enigma
de
Joan Manuel Gisbert

     Cidade de Brujas. O  avogado Bartolomé Loos visita ao doutor Palmaert, pide axuda porque algúns membros da Irmandade do Enigma de Salomón son vítimas da tolemia despois de ter lido unha carta para descifrar o último significado do universo.
Mentres, nunha pousada preto de Amberes, o mozo Ismael decide seguir a un dos Mestres ocultos da Irmandade.
     O malvado Lucas Lauchen idea un plan para liquidar a Irmandade. Cheo de medo, Ismael busca amparo na casa de Loos.
     O misterio aclárase paseniñamente: un traidor foi quen enviou a carta aos demais e cando parece que Palmaert e Lauchen teñen todo controlado....

 

     Para o que falta, xa sabes... na Biblioteca.

Do mesmo autor tamén podes ler:

Escenarios fantásticos
Leyendas del planeta Thámyris
Los espejos venecianos
La mansión de los abismos
El misterio de la isla de Tökland
El museo de los sueños
La voz de la madrugada

Poeta e defunto

 

Neste mes de santos e defuntos,

Miguel
Hernández merece unha lembranza especial:

polos cen anos do seu
nacemento e polo súa prematura morte.

O trinta de outubro de 1910 viña ao mundo e

falecía, na
enfermería da prisión alacantina,

ás 5.30 da mañá do 28 de marzo
de 1942, con 31 anos de idade.

 

 

 

    
 
O instituto escolleu no pasado abril un dos seus poemas como poema
do mes
.

 

 

Para saber máis do poeta podemos
visitar a galipedia

ou este enderezo: http://mhernandez.narod.ru/poesia.htm.

Tamén podemos entrar no blog:
http://mhernandez-palmeral.blogspot.com/

(páxina multimedia sobre a vida, obra e acontecementos do poeta)

ou
empaparnos no especial de trinta e seis páxinas que sobre o poeta
oferta o xornal alacantino La
Verdad
.

 

E se o teu son os vídeos preme aquí


e accederás a unha reportaxe do programa de RTVE Informe Semanal
do 27/02/2010:

"Miguel Hernández, el poeta de la luz y el
asombro".

 

 

O gran poeta ten en Joan Manuel Serrat
a un gran cantante.

Coa música de Serrat e a poesía de Hernández
ímonos:



by Dr. Radut