Skip to Content

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2024

A ilustradora Bea Lema gaña o premio Nacional de Cómic por unha obra autobiográfica sobre a saúde mental. O xurado destaca de O Corpo de Cristo que é “innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas, sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética.”
Podes collelo na nosa Biblio!!!

 

Data: 
Mér, 18/09/2024 - 16:53

Biblio San Paio, a escena!!

Data: 
Mér, 18/09/2024 - 08:43

HORARIO

O NOSO HORARIO

No cadro recollemos o horario en que a biblioteca permanece aberta con profesorado encargado da mesma. Fóra dese horario debedes dirixirvos aos profesores de garda no Centro se tedes que facer algunha consulta urxente.

 

 

 

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:45

9:35

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

9:35

10:25

ABERTA

ABERTA

ABERTA

PECHADA

ABERTA

10:25 10:45

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

10:45

11:35

ABERTA

ABERTA

PECHADA

PECHADA

ABERTA

11:35

12:25

ABERTA

PECHADA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

12:25 12:45

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

12:45

13:35

ABERTA

PECHADA

ABERTA

ABERTA

ABERTA

13:35

14:25

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

PECHADA

 

Para préstamos, renovacións e devolución de libros están reservados todos os recreos.

Data: 
!dat-abbreviation Dom, 15/09/2024 - 11:52

HORA DE LER

 
 
Data: 
Mar, 17/09/2024 - 07:00

BENVIDA

Data: 
Xov, 12/09/2024 - 00:32

LIBRO DO MES SETEMBRO 2024

 Querida arcea  de  Felín Romero Lorenzo


    Unha narración sobre o amor —tamén o desamor— , a amizade, o compromiso, a loita, a terra, a serra, a perda, a esperanza… Historias ambientadas nos territorios explorados durante as viaxes e a través das paixóns do propio autor: o monte, a caza, o rural, os cans… Relatos nos que predominan os desfavorecidos, os vulnerables, os perseguidos, os perdedores, xente que vive no gume da navalla… superviventes ao fin e ao cabo (como dalgún xeito tamén somos todos nós). E para continuar sobrevivindo, Felín invítanos a camiñar, aínda que sexa «sen saber ás veces cara onde».  
    
LANCE 6. OUTONO
O xogo consistía en contar coches. Sentados nas escaleiras da casa. O avó contaba os que subían dende a tenda de Amparo e eu os que viñan do Folón. Ás veces cambiábamos o sentido. Pero o avó sempre gañaba, e sorría ó facelo vendo como eu me enfurruñaba. Mentres os poucos coches e as horas pasaban, falábame. Falábame coa boca pequena dos curas e da Garda civil, falábame porque sabía que eu entendía. Un día ganei eu. E sorrin mentres o avó se enfurruñaba. E souben que as vitorias que custan saben mellor. E logo o avó foise.
Foise no ano no que Roger Milla nos ensinou a ledicia de bailar despois de marcar en Balaidos. Foise. E co tempo, a vella estrada ensancharona e os coches son tantos e van tan a presa, que o neno e o avó perderían a conta no seu хоgо. Os tíos ensináronme a seguirlle a pista ó raposo e a buscar niños. A escoitar a fala do monte e saber distinguir a voz da noitarega, da curuxa e da raposa. Os tios tamén me ensinaron o segredo das troitas... Logo, os tíos fóronse.
Antes pasaban os carros das vacas e dos bois, e polo San Miguel era un trunfo atopar espigas que caían na estrada ou nos camiños ó tropezaren os carros nos buratos. Logo corría xunto a tía e a avoa para levarlle esas espigas ás vacas.
O xogo consistía en darllelas a comer na man, mentres as vacas te miraban agradecidas cos seus fermosos ollos. E a tía dábame unha peseta por cada espiga ou traíame un Cropan da tenda. Logo deixaron de pasar carros e viñeron os tractores. E xa caían menos espigas. Hoxe xa non hai campos de millo sementados, xa non pasan carros. E os poucos tractores teñen que levar unha luz horrible para seren vistos. Xa non hai San Miguel e xa non caen as espigas nos camiños. Xa non podo correr cara á corte nin abeirar as vacas nas cunetas. Logo, as vacas fóronse. E a avoa. E tamén a tía.
Un día, decidimos ampliar a casa. Como se facía antes, sen xuros nin hipotecas. E as escaleiras de pedra xa non facian falla. Pero aquí todo se recicla. E o pai fixo unha fermosa lareira daquela pedra na que tantas horas pasei de neno co avo. E fixemos moitos lumes nesa pedra. E afumamos os chourizos e fixemos churrasco ós domingos. Logo, o pai foise.
Fronte á casa había unha explanada á que sempre lle chamamos o campo do balón. Estaba aberto e ali matabamos as tardes dándolle à pelota. Ás veces non podías, porque no campo do balón tamén se estendía a herba para secar ou se facían meducos. En ocasións tiñas que compartir o terreo de xogo coas ovellas que pastaban nel. Alí aprendemos a soñar. E aprendemos que as feridas dos xeonllos, como as da vida, cúranse con máis feridas. E alí tamén aprendemos a mocear e foi onde os nosos corpos se foron descubrindo e medrando. Hoxe en día, o campo está pechado e ten herba de plástico. E os nenos xogan nel con botas de cores e aínda que caian xa non se feren nas pedras. Aquel campo do balón, onde os teus ollos desarmaban a noite. E o teu corpo recendía como as herbas do San Xoán. Onde fixemos o amor por primeira vez. E logo, fúcheste.
Case que todas as persoas que quixen nesta vida xa se foron. Como se vai a auga entre os dedos dun cativo que tenta apreixala. Todos se foron xa. E o corazón teno un trasno malo que aperta e se ri coas punzadas da dor. Por iso sigo contando os coches de vez en cando, e fago...(pp. 35-37)

Data: 
Mér, 11/09/2024 - 13:03

POESÍA DO MES DE SETEMBRO 2024

POESIA

Data: 
Mar, 10/09/2024 - 08:43

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores na Galiña Azul

Amadriñamentos e apadriñamentos lectores hoxe na Escolar Infantil Galiña Azul! Emoción, sorpresa, momentos compartidos, aprendizaxe...! Sesión moi enriquecedora! Esperamos voltar a compartir a maxia da lectura con vós!

Copia de Purple Reading Book Motivation School Poster de Biblio San Paio

Data: 
Xov, 20/06/2024 - 11:36

Presentacións de cine para un verán de cine

Presentacións das películas recomendadas no Cinexornal 16.

Data: 
Lun, 17/06/2024 - 15:05


by Dr. Radut