Skip to Content

Julia Varela Ruano, madriña da promoción 2023

A xornalista Julia Varela Ruano, exalumna deste centro, convertiuse o día 21 de decembro na madriña da xeración de 1º ESO.

Dende o primeiro momento en que o centro se puxo en contacto con ela para solicitar esta petición, a comunicadora manifestou a súa plena disposición e o seu interese por desenvolver o rol de madriña deste alumnado que hoxe ten 12 ou 13 anos.

O sinxelo acto consistiu nunha entusiasta acollida por parte do alumnado, que elaborou unha presentación explicando a biografía da súa madriña e os logros profesionais obtidos ao longo da súa carreira. 

Pola súa parte,Julia manifestou a súa emoción por voltar ao instituto que a viu formarse e onde encamiñou os seus pasos cara a profesión que hoxe exerce, amosando a súa boa predisposición e manifestándose moi cariñosa con todos os rapaces e rapazas, contestando con paciencia infinita a todas as súas preguntas e resolvendo as dúbidas e curiosidades que lle plantexaron.

Non podemos estar máis contentos da madriña desta xeración, coa cal manteremos comunicación ao longo dos anos vindeiros para que os seus afillados e afilladas non perdan o contacto. 

Moitas grazas, Julia! 

Aquí deixamos unha pequena mostra do que sucedeu neste acto de amadriñamento. Os nosos recursos son moi limitados, pero queriamos compartir estes momentos.



page | by Dr. Radut