Skip to Content

A muller no período medieval

O alumnado de 2º ESO ven de presentar nestas semanas, unha interesante investigación conxunta sobre un tema histórico pouco coñecido e tratado como é o papel da muller no período medieval.

A entrada do Instituto converteuse temporalmente en sede dunha exposición temática, que pretende facernos reflexionar sobre a vida das mulleres noutras épocas históricas. A iniciativa pretende cubrir as lagoas de coñecemento e valoración das mulleres ó longo de Historia; pensar no porque da súa escasa presencia nos libros de texto tradicionais e coñecer incluso o nome e vida de algunha muller excepcional, que fixo méritos sobrados para ser recoñecida pola Historia.

O alumnado dos catro grupos de 2º de ESO - 120 alumnos e alumnas- indagaron en aspectos moi distintos, dende perspectivas xerais da sociedade medieval ou a reflexión de estereotipos femininos que van xurdir neste momento. Coñecemos a vida de mulleres científicas, artistas ou gobernantes, e incluso se afonda na representación iconográfica e os patróns de beleza impostos pola sociedade medieval.

A exposición sobre a muller no mundo medieval é un traballo impulsado dende a materia de Xeografía e Historia en colaboración co Club de Igualdade do IES Sánchez Cantón.

 

 Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> A muller no período medieval


album | by Dr. Radut