Skip to Content

NOVIDADES NAS ENSINANZAS DEPORTIVAS

 
O pasado 4 de xuño de 2021 publicouse a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, adiantando ao mes de xuño as probas extraordinarias previstas para o mes de setembro nos cursos de educación secundaria obrigatoria, o primeiro curso de bacharelato e o primeiro curso da formación profesional básica.
 
Segundo o punto 3 do artigo 5 da Orde do 19 de maio de 2021, nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas, polo que se establece que non hai convocatorias extraordinarias en setembro.
 
O 30 de xuño de 2021 publicouse no portal educativo da Xunta de Galicia as Instrucións para a aplicación do calendario do curso 2021/22 nos conservatorios elementais e profesionais de música e danza, e conservatorios superiores de música, indicando no punto 2.8. que as probas de acceso a outros cursos do grao elemental e do grao profesional desenvolveranse no mes de xuño, a partir do día 20.
 
En concordancia co espírito do calendario escolar para o curso 2021/22, e en analoxía coas ensinanzas de réxime especial de música e danza, establécese que as probas de acceso ordinarias ás ensinanzas deportivas para o curso 2022/23 realizaranse no mes de xuño, a partir do día 20, en lugar de en setembro.


page | by Dr. Radut