Skip to Content

Logo premiado no concurso do Club de Ciencia

O concurso proposto para elaborar o logo do Museo de Ciencia, convocado meses atrás, xa ten unha gañadora: Paloma Solla Villanueva, de 2º bacharelato C. Reproducimos as palabras da propia autora que  explican o seu deseño: "Escollín o Nautilus porque é un dos fósiles máis carismáticos e ten varias lecturas. Por unha banda, representa a proporción áurea, que é un concepto que une as Matemáticas, a Bioloxía e a Xeometría. E por outro lado, simboliza a evolución e a historia dos seres vivos. A súa estructura é xeométricamente perfecta e as manchas danlle un carácter orgánico."

Sentímonos moi orgullosos do traballo de Paloma, pero tamén de todo aquel alumnado que se presentou e non obtivo o premio final. É moi gratificante comprobar como o noso alumnado se mostra activo e creativo. E por iso, aplaudimos a todos os que presentaron o seu emblema a este concurso.

Queremos agradecer tamén á axuda brindada por Jaime Rodríguez Abilleira, sempre profesor deste centro, aínda que estea xubilado, que adaptou o logo ás necesidades do noso Museo. 

Parabéns, Paloma!!! A túa pegada sempre estará con nós, grazas ao teu deseño.



page | by Dr. Radut