Skip to Content

Festa dos Clubs de lectura no Salón do Libro

A mañán do luns 11 de marzo, unha pequena representación dos nosos clubs de lectura (1º e 2º de ESO) asistimos á Festa dos Clubs de lectura organizado polo Salón do Libro de Pontevedra.

A esta festa acudimos os clubs dos centros de ensino medio de Pontevedra e tamén os de Cuntis e de Poio. Fomos recibidos polo persoal do Salón que nos deu a benvida e logo o escritor e músico Lois Pérez foi o condutor da festa coa súa poesía e a súa música: 

A POESÍA É COMA A NEVE

                A NEVE É ALGO PARECIDO Á POESÍA

                                A NEVE MÁRCHASE

                                                A POESÍA DESAPARECE NA POESÍA

                                                               O TEMPO DESAPARECE NO TEMPO

Estes foron algúns dos versos-proclamas cos que nos agasallou Lois Pérez. Cantamos con el e desfrutamos dos seus músico-poemas: 

A POESÍA ESTÁ NA PERIFERIA, NAS MARXES, E SEN EMBARGO... PRECISÁMOLA.

Logo da actuación do poeta realizamos a presentación dos nosos clubs e das obras que lemos este curso. A seguir houbo un sorteo de libros tras responder a preguntas relacionadas coas nosas lecturas. Ningún centro se foi coas mans baleiras.

Agradecemos ao Salón do Libro que nos convidase a participar nesta gran festa. 

Pica na foto para ver o álbum

Álbum: Actividades -> Festa dos Clubs de Lectura no Salón do Libro 2024


album | by Dr. Radut