Skip to Content

Encontro lector coa escritora María Reimóndez

Este martes 5 de marzo, entre as 12 e ás 14 horas, celebrouse un encontro lector coa escritora María Reimóndez no Salón de actos do CGTD, sección do IES Sánchez Cantón. No mesmo participou alumnado de 1º de bacharelato A, 1º de Bacharelato B, 1º de Bacharelato D e 1º de Bacharelato do CGTD. 

O encontro realizouse arredor de varios bloques temáticos: a traxectoria da autora na escrita, preguntas xenéricas sobre o proceso da escrita centrada na escritora para, a seguir, centrármonos na obra literaria lida e traballada previamente polo alumnado.

Primeiramente, un alumno presentoulle a autora aos seus compañeiros (obras publicadas e premios acadados), logo o alumnado do CGTD foi o responsable de realizar as preguntas de contacto (gustos literarios da autora, por que escribe, publicou toda a obra que escribiu...). 

En segundo lugar, centrouse o faladoiro na obra FURIA, publicada recentemente. A partir de fragmentos diversos da novela, previamente comentados polo alumnado, establecéronse tres bloques de contido:

  • A adolescencia: as vivencias e a toma de decisións (texto páxina 73)
  • As afeccións dos adolescentes, as actividades que os fan sentir ben e que son menos convencionais (texto páxinas 29-30).
  • O deporte, o boxeo: fórmula de autocoñecemento e de resistencia fronte as experiencias de vida dramáticas e fronte as normas de xénero impostas pola sociedade; a desigualdade neste tipo de deportes (texto páx. 101).
  • A lingua galega, o seu uso nas urbes galegas polos mozos e mozas; os prexuízos co uso da lingua e a liberdade de escolla lingüística (texto páx. 31).

A rapazada le os seus comentarios en relación ao tema e o libro, e a autora puntualiza e desenvolve.

Na terceira parte, o alumnado le as valoracións persoais que cada un deles realizou sobre a novela e coméntanas conxuntamente.

Finalmente, a autora asina exemplares do seu libro, despedida e agradecementos. 

 

Pica na foto para ver o álbum

 

Álbum: Actividades -> Encontro lector con María Reimóndez


album | by Dr. Radut