Orientación

Departamento de orientación

ENCONTROS CON EX ALUMANDO

Hoxe tivemos no centro unhas visitas moi especiais: ex-alumnas e ex-alumnos do noso instituto. Coa fin de promover a madurez vocacional e facilitar a toma de decisións, o Departamento de Orientación e Vicedirección organizamos estes encontros. O noso ex-alumnado contou de primeira man a súa experiencia na toma de decisións na elaboración do seu itinerario educativo e compartiu impresións sobre os seus estudos actuais e pasados co alumnado de 1º de Bacharelato

PLENO INFANTIL

Hoxe, 19 de novembro de 2021, celebrouse o pleno infantil no Concello do Porriño, conmemorando así o Día mundial da infancia (20 de novembro).

O IES Pino Manso estivo moi ben representado por David Covelo Pampillón (1 º ESO A), Laura Carmona García (1º ESO B) e Álex Loureiro López (1º ESO C).

 

 

Distribuir contido