Orientación
CHARLA ABAU
O martes 9 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato recibiu unha charla sobre as Probas ABAU, impartida por Iván Carlos Area Carracedo (Delegado do Reitor na CIUG).
V FEIRA DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS E PROFESIONAIS DE VIGO
Alumnado de 4º de ESO acudiu á V Feira das Ensinanzas Artísticas e Profesionais de Vigo, no Auditorio Mar de Vigo.
VISITA Á UNIVERSIDADE DE VIGO
O alumnado de 1º Bacharelato fixeron unha visita á Universidade de Vigo, organizada polo departamento de Orientación do centro.
VISITA Á USC
O alumnao de 1º de Bacharelato realizou unha visita á Universidade de Santiago de Compostela e ao Museo de historia natural. Esta saída foi organizada polo departamento de Orientación do centro.
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
O alumnado de 4º ESO participou os días 8 e 9 de xaneiro nun obradoiro de habilidades sociais organizado polo departamento de Orientación.
AMIGO VISIBLE
O 20 de decembro iniciouse o programa AMIGO VISIBLE, do departamento de Orientación do IES Pino Manso. Cada alumno e alumna de 1º de ESO coñeceu ao seu padriño ou madriña para este curso, de 1º de Bacharelato. A presentación tivo lugar no salón de actos e a primeira toma de contacto na cafetería do centro. Aquí tedes as fotos dalgúns deses encontros, que esperamos sexan os primeiros de moitos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »