As sesións das avaliacións finais do curso 2023-24 darán comenzo os días 15 de maio para 2º de Bacharelato; 10 de xuño para 1º; de Bacharelato; e o 24 de xuño para ESO. A entrega de notas será o día seguinte de cada avaliación.

Na seguinte ligazón pódese consultar o calendario das distintas sesións de avaliación.

 CALENDARIO DAS AVALIACIÓNS FINAIS DO CURSO 23-24 

Dacordo coa ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar o alumnado matriculado na  ESO (1º, 2º, 3º e 4º) ao estar incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Con todo, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar por un importe de 50 € cando a declaración da renda do exercicio 2019 con renda per cápita familiar sexa igual ou inferior a 6.000 €. 

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou presencialmente no centro                                   

Prazo: ata o día 22 de xuño de 2021.

 

O martes, día 25 de maio de 2021, as técnicas da Oficina Agraria Comarcal de Meira, Fátima Docio e Amparo Rivas, achegáronse ata o IES Pedregal de Irimia para ter un encontro cos 23 alumnos e alumnas da materia de libre configuración do centro: “Aproveitamento dos Recursos do Medio Natural (ARMN)”. No encontro, de 50 minutos, as dúas técnicas explicaron o traballo administrativo e de campo que dende estas delegacións da Consellaría do Medio Rural realizan como apoio ao sector agrogandeiro comarcal (asesoramento, formación, tramitación de axudas, control de pragas...). A maiores as técnicas exemplificaron a incorporación de mozos e mozas no sector primario da comarca, como unha saída laboral ou como unha achega complementaria aos ingresos familiares. O alumnado tivo a oportunidade de departir con elas e de trasladar as súas preguntas e dúbidas. 

Este é o video interactivo que creou o alumnado de cuarto e primeiro de BAC para o proxecto Erasmus sobre os desertos urbáns. A idea era investigar sobre a cantidade de espazos verdes que temos nas vilas e cidades nas que vivimos e reflexionar sobre a necesidade de incrementalos. 

Tags:

Hoxe 17 de maio, Día das Letras Galegas, saiu do prelo o último número da revista Latexos

 

Distribuir contido