Skip to Content

NOVAS

Novas

VISITA PREPARATORIA DE PROFESORAS DO INSTITUTO ISS PARMENIDE

Os pasados 11 e 12 de xaneiro de 2024 estiveron no noso centro o IES Ordes as profesoras Mariangela e Rita, do IIS Parmenide, un instituto situado en Roccadaspide, na zona de Salerno, no sur de Italia.  Esta estancia  forma parte dunha visita preparatoria das dúas profesoras para organizar a viaxe que van a facer ao noso centro 6 alumnos/as e 2 profesores/as do seu instituto, do 5 ao 11 de maio, dentro do seu proxecto Three little habits. A finalidade deste proxecto é fomentar a práctica deportiva, a dieta saudable, a inclusión e os intercambios dixitais.

Mobilidade no IES Ordes, xoves 11 e venres 12 de maio

O xoves 11, o equipo portugués xunto co noso alumnado de 3º ESO fixeron unha visita á cidade da Coruña centrada na vida e obra de Isabel Zendal. E o venres 12, participaron nunha xincana (un xogo de pistas) sobre as vacinas no patio do instituto; despois presentaron noticias sobre as vacinas, rematando esta mobilidade coa entrega de certificacións de asistencia.

Mobilidade no IES Ordes, martes 9 e mércores 10 de maio

O martes 9, o equipo portugués aproveitou para coñecer un pouco mellor a nosa comunidade, visitando Fisterra, o Ézaro e Santiago. O mércores 10, xa no IES, foi un día intenso, realizando a súa actividade “Position yourself”, asistindo a unha charla de 3 enfermeros sobre as vacinas e os programas de vacinación, vendo a película sobre Isabel Zendal “22 ánxeles” e facendo un xogo educativo sobre o contido da mesma. Pola tarde, participaron nunha visita guiada por Ordes (museo, murais, ...).

ERASMUS: RECEPCIÓN DO ALUMNADO E PROFESORADO DE LAMEGO

O domingo 7 chegou a Ordes o profesorado e alumnado do centro Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, que vai a pasar esta semana con nós realizando distintas actividades relacionadas co seu proxecto "Vaccines then and now".

ERASMUS: VIAXE A LAMEGO

Un grupo de 10 alumnos/as de 3º da ESO do IES ORDES estivo realizando unha mobilidade durante a semana do 16 ao 21 de abril no centro portugués de Lamego Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Esta visita forma parte do proxecto Erasmus+  KA112 que lle foi aprobado ao noso centro e que está financiado pola Unión Europea , cuxo título é "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia".

VIAXE A MALTA NUN CURSO DE FORMACIÓN DE PROFESORADO DE FP DO NOSO CENTRO

Na semana que vai do 25 ao 29 de abril, as profesoras do noso centro Begoña e Lucía puideron asistir a un curso de formación en Lingua Inglesa e Metodoloxía CLIL en Malta, do que voltaron satisfeitas. Estas mobilidades son ofertadas polo Consorcio do Proxecto KA102-2019 Next Station, para FP Básica e Ciclos Medios, que é promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e o noso centro forma parte deste consorcio.

VISITA DUNHA DOCENTE ALEMÁ AO IES ORDES

Visita de Sina Böttger, docente alemá, como observadora no noso centro dentro do programa “Estancias profesionales”   

Mobilidades Erasmus+ KA102 abril - xuño de 2022

Aberto o prazo para inscribirse nas mobilidades Erasmus+ KA102 para o período abril - xuño de 2022.

O prazo de inscrición remata o 16 de decembro.

Podes obter máis información en "Convocatorias e Resolucións"

Distribuir contido


by Dr. Radut