Skip to Content

Taboleiro

BOLSAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e deportes ven de publicar a convocatoria de bolsas de axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

Pode solicitar estas bolsas o alumnado que presenten algunha discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno de aspecto autista ou altas capacidades.

O prazo de presentación é do 30 de abril ao 13 de setembro.

Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de orientación do centro ou no seguinte enlace:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

MATRICULA ANTICIPADA ABAU 2024

O prazo para a matrícula anticipada para a convocatoría ordinaria da ABAU será do 2 ao 20 de maio.

Está convocatoria é para o alumnado que rematou o Bacharelato ou a FP de grado superior en cursos anteriores e desexe presentarse á ABAU, tanto por primeira vez, como para repetila e mellorar a nota.

A matrícula farase a través da aplicación NERTA:https://www.edu.xunta.gal/nerta/

Para máis información: https://ciug.gal/PDF/ABAU2024/convocatoria_abau.pdf

Tamén poden preguntar chamando ao IES Ordes ou a través do noso correo electrónico.

Enquisa sobre a organización da semana de exames de 2º de bacharelato

13/12/2023 19:38

ENQUISAS SOBRE A ORGANIZACIÓN DA SEMANA DE EXAMES DE 2º DE BACHARELATO

Este curso estase a probar un novo sistema para a organización dos exames de 2º de bacharelato, de tal xeito que os finais de cada trimestre son programados pola dirección en catro días. Os obxectivos para facelo así son tres:

- Encaixar todos os exames de todas as materias para que todo o alumnado teña a mesma carga de traballo, independentemente das materias escollidas na matrícula.

Solicitude de Bolsas (Becas) para o curso 2022-2023

 

 Os alumnos/as que poden solicitar as devanditas bolsas son os que se matriculen o próximo ano en:

 a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.

 b) Formación profesional de grao medio e supeiror, incluidos estudios de fp realizados en centros militares

HOMENAXE A TRES ALUMNOS DO IES ORDES NO CONCELLO

O concello de Ordes, coa presenza da conselleira de educación, homenaxeou aos tres alumnos do noso centro que están entre as 20 mellores notas de Galicia na ABAU.  

Noticia na web da Consellería de Educación

RAÚL RÍOS, ALUMNO DO IES ORDES, MELLOR NOTA NA ABAU NO ANO 2020. OUTROS DOUS ALUMNOS DO CENTRO TAMÉN ENTRE OS 20 MELLORES

Todos lembraremos o curso 2019/2020  por varios motivos, principalmente o COVID. Pero outro feito, esta vez positivo, vai facer que este curso sexa recordado no IES Ordes. Un alumno do noso instituto, Raúl Ríos Pampín, obtivo a mellor nota  media da ABAU de Galicia. A nota media dos 5 exames da fase xeral foi de 9,95 e unha media de 9,920 tendo en conta o expediente do bacharelato.

I Concurso Xoves Técnicas de Automoción

Araceli Fachal do IES nº1 de Ordes

Gañadora do I Concurso Xoves Técnicas de Automoción

Máis información:

Concello de Ordes - Lindeiros - Compostela24h - Correogallego - Galicianorte - Xunta - CuacFM

Youtube1 - Youtube2 - Youtube3

Distribuir contido


by Dr. Radut