Skip to Content

RAÚL RÍOS, ALUMNO DO IES ORDES, MELLOR NOTA NA ABAU NO ANO 2020. OUTROS DOUS ALUMNOS DO CENTRO TAMÉN ENTRE OS 20 MELLORES

Todos lembraremos o curso 2019/2020  por varios motivos, principalmente o COVID. Pero outro feito, esta vez positivo, vai facer que este curso sexa recordado no IES Ordes. Un alumno do noso instituto, Raúl Ríos Pampín, obtivo a mellor nota  media da ABAU de Galicia. A nota media dos 5 exames da fase xeral foi de 9,95 e unha media de 9,920 tendo en conta o expediente do bacharelato. A todo iso hai que sumarlle outro par de 10 na fase específica, o que o sitúa cun 13,920 sobre 14 para o acceso á carreira de medicina que iniciará o próximo curso brillantemente.

Tamén están entre as 20 mellores notas de Galicia dous alumnos con cualificacións igualmente destacadas. Adrián Ovidiu Cocean cunha media dos cinco exames de 9,75 e unha media xeral de 9,900 e Miguel Ángel Boado Fernández tamén cunha media dos exames de 9,75 e unha media xeral de 9,870.

Outras dúas alumnas cunha media xeral por riba de 9, completan o repóker de ases do IES Ordes: Lorena Darriba Golán e Lucía Gómez Taboada.

PARABÉNS PARA TODOS ELES.

Varios medios de comunicación entrevistaron a Raúl Ríos. Nos seguintes enlaces podedes atopar algunhas desas entrevistas:

Radio Galega (a partir do minuto 30)Faro de Vigo , La Voz de Galicia , Telexornal TVG , El Correo Gallego 



page | by Dr. Radut