Skip to Content

Enquisa sobre a organización da semana de exames de 2º de bacharelato

13/12/2023 19:38

ENQUISAS SOBRE A ORGANIZACIÓN DA SEMANA DE EXAMES DE 2º DE BACHARELATO

Este curso estase a probar un novo sistema para a organización dos exames de 2º de bacharelato, de tal xeito que os finais de cada trimestre son programados pola dirección en catro días. Os obxectivos para facelo así son tres:

- Encaixar todos os exames de todas as materias para que todo o alumnado teña a mesma carga de traballo, independentemente das materias escollidas na matrícula.

- Poder realizar exames co formato de ABAU (90 minutos de duración)

- Preparar ao alumnado para unha situación similar que terán a final de curso (ABAU).

Durante os días de realización de exames non hai clases, e ademais durante a semana anterior está prohibido poñer probas ou tarefas avaliables para realizar na casa.

 

Despois da realización dos exames da 1ª avaliación, pasouse unha enquisa ao alumnado e ao profesorado que imparte 2º de bacharelato, e os resultados podense consultar no arquivo que se axunta.

 

Un saúdo.

O equipo directivo.

 

 

AdxuntoTamaño
Resumo resultados enquisas.pdf193.21 KB


story | by Dr. Radut