Skip to Content

ERASMUS: RECEPCIÓN DO ALUMNADO E PROFESORADO DE LAMEGO

O domingo 7 chegou a Ordes o profesorado e alumnado do centro Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, que vai a pasar esta semana con nós realizando distintas actividades relacionadas co seu proxecto "Vaccines then and now".

Así, o luns 8 foi un día intenso para eles: recepción e visita das instalacións do centro, presentación do seu centro, pobo e blog, asistencia a unha clase de física e química con 3º ESO A e PDC, debate ético sobre o uso das vacinas con 3º ESO B, e pola tarde percorrido dun tramo do camiño inglés.



page | by Dr. Radut