Skip to Content

VISITA PREPARATORIA DE PROFESORAS DO INSTITUTO ISS PARMENIDE

Os pasados 11 e 12 de xaneiro de 2024 estiveron no noso centro o IES Ordes as profesoras Mariangela e Rita, do IIS Parmenide, un instituto situado en Roccadaspide, na zona de Salerno, no sur de Italia.  Esta estancia  forma parte dunha visita preparatoria das dúas profesoras para organizar a viaxe que van a facer ao noso centro 6 alumnos/as e 2 profesores/as do seu instituto, do 5 ao 11 de maio, dentro do seu proxecto Three little habits. A finalidade deste proxecto é fomentar a práctica deportiva, a dieta saudable, a inclusión e os intercambios dixitais. O noso centro actúa neste caso como centro de acollida, con vistas a que nun futuro próximo alumnado do noso instituto poida visitar e desenvolver un proxecto no seu centro.



page | by Dr. Radut