Skip to Content

VISITA DUNHA DOCENTE ALEMÁ AO IES ORDES

Visita de Sina Böttger, docente alemá, como observadora no noso centro dentro do programa “Estancias profesionales”   

Dende o 2 ata o 13 de maio estivo no noso centro a profesora alemá Sina Böttger, que dá clases no centro Berufliche Schule des Kreises Pinneberg,Europaschule, en Elmshorn, Alemaña (preto de Hamburgo). A súa estancia foi posible grazas ao programa de Estancias Profesionales promovido polo INTEF, do Ministerio de Educación e FP. A finalidade desta estancia foi a da observación por parte de Sina do sistema organizativo, tratamento da diversidade e inclusión, e a metodoloxía utilizados no noso centro, co fin de comparalos cos seus propios. Así, puido asistir a clase de distintas materias, ou informarse co equipo directivo e de orientación. Coa súa estadía tamén nós aprendemos do seu sistema educativo, por exemplo a duración das súas clases (de 90’), a concreción nos estudos futuros do seu alumnado dende o inicio da súa formación, a relación máis distante entre profesorado e alumnado, etc.

Durante a súa estancia, tamén se planificou o intercambio de alumnado de 1º de bacharelato entre os dous centros para o vindeiro curso, co fin de mellorar a súa competencia lingüística e afondar noutros contidos curriculares.

MÁIS INFORMACIÓN



page | by Dr. Radut