Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Recomendámosche

QUERES APRENDER A XOGAR AO XADREZ?

A partir de xaneiro comezaremos co Club de Xadrez. Se queres aprender a xogar, tes a oportunidade de facelo.

As clases serán pola tarde, fóra do horario lectivo.

Se estás interesad@, apúntate na secretaría do centro.  Tes de prazo ata o 17 de novembro.

ÚLTIMOS DÍAS PARA PARTICIPAR NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA!!

Recordade que tedes ata o día 27 de outubro ás 18.30 para enviar a foto.

Animádevos a participar!!

XORNADAS DE INFORMACIÓN SOBRE O ACOSO ESCOLAR

A vindeira semana o Equipo da Biblioteca terá unha serie de xuntanzas co alumnado da ESO para tratar o tema do acoso escolar.

Elaboramos tamén un documento informativo dirixido a pais e nais sobre este tema tan preocupante para todos.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SAMAÍN

Apetéceche gañar un fantástico premio aproveitando a celebración do Samaín? Participa no concurso de fotografía organizado pola Biblioteca!!!

Animádevos!!

Tedes as bases no adxunto

TALLER DE ESCRITURA

Deu comezo o taller de escritura que organiza a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística e que dirixe o escritor Xabier López. Está dirixido ao alumnado de 1º bacharelato e ao finalizar publicaremos unha escolma do seu traballo.

#eusonRosalia

24  DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA.

Hoxe conmemórase o nacemento de Rosalía e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón usar #eusonRosalia para sumarnos á súa homenaxe.

 

RIBEIRA, UN LUGAR, MIL MUNDOS

Por segundo ano consecutivo realizamos a actividade Un lugar, mil mundos

CONTRA O RACISMO. LECTURAS E PELÍCULAS RECOMENDADAS

 

 

Tedes á vosa disposición unha selección de libros e películas que tratan o tema do racismo. Podedes velas na exposición que hai na Biblioteca do centro.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut