Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Animación á lectura

EDUARDO GALEANO.

O escritor uruguaio Eduardo Galeano deixounos o pasado 13 de abril. Pensamos que a mellor homenaxe que se lle pode facer é revisar a súa obra. Telesur ofrece algúns dos seus libros, de forma gratuíta, en pdf.

Tamén podedes collelos na biblioteca e, recordade, se non tedes e-book, nós tamén os prestamos!!

 

MALOS TEMPOS PARA A LÍRICA? NON!

Polo menos iso é o que pensamos no equipo da Biblioteca, así que creamos tres recunchos no noso centro dedicados á poesía.

Hai un en cada andar, búscaos!!

CONCURSO DE POESÍA: FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN

Co gallo da celebración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, a biblioteca do IES Nº1 convoca un concurso de poesía vinculado á primavera.

No seguinte enlace podedes atopar as bases. Tedes ata o 15 de abril para presentar os vosos poemas.

Animádevos a participar!!

SEXTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA. 28 DE ABRIL

Comentaremos o libro EL BAILE de Irène Némirovsky.

Non faltedes!!

VISITA DE BERTA DÁVILA

Berta Dávila visitou hoxe o noso Club de lectura para falar da súa última novela O derradeiro libro de Emma Olsen.

O equipo da biblioteca quere agradecer a Encarna Pego a súa axuda na xestión desta actividade.

QUINTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: BERTA DÁVILA

O vindeiro 10 de marzo contaremos con Berta Dávila para falar con ela do seu libro: O derradeiro libro de Emma Olsen

Non faltedes!!!

ENCONTRO CON XABIER LÓPEZ

Na pasada xuntanza do Club de lectura tivemos o oportunidade de coñecer a obra poética de Xabier López da man do propio autor.

Un pracer. Moitas grazas!!

CUARTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

REUNIRÉMONOS DE NOVO O DÍA 24 DE FEBREIRO PARA FALAR DO LIBRO NADA, de JANNE TELLER

AGARDÁMOSVOS!!!

TERCEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

A VINDEIRA REUNIÓN DO CLUB SERÁ O 27 DE XANEIRO. TEREMOS UNHA CITA ESPECIAL DEDICADA Á POESÍA DE XABIER LÓPEZ. SERÁ O MESMO AUTOR O QUE DIRIXA A SESIÓN.

NON FALTEDES!!

NOVEMBRO. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

 

Texto do científico Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia

 

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut