Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Animación á lectura

CHEGA O VERÁN...CARGADO DE LECTURAS

Achéganse as vacacións e desde a Biblioteca recomendámosvos algúns títulos cos que seguro pasaredes bos momentos.

Boas vacacións a tod@s!!

Taller de escritura

No seguinte enlace tedes unha mostra do material elaborado no Taller de escritura que se levou a cabo este ano no noso centro da man de Xabier López.

Taller de escrita

O equipo da Biblioteca quere agradecer a Xabier a súa colaboración con nós e a súa dedicación a este alumnado.

O CADÁVER EXQUISITO DO IES Nº1

Como cada ano, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas,o Equipo de Normalización Lingüística e o Equipo da Biblioteca elaboramos un relato colectivo no que participa todo o alumnado.

Podedes ver o resultado nos corredores do centro.

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO "FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN"

Parabéns aos premiad@s e feliz Día do libro!!

 

RADIOGRAFÍA LECTORA DO IES Nº1

Para celebrar o Día do libro no noso centro, fixemos unha Radiografía lectora aos membros da nosa comunidade educativa. Este é o resultado, agardamos que vos guste.

Moitas grazas a tod@s os que colaborastes co Equipo da Biblioteca neste proxecto!!

PREMIADOS NO CONCURSO "FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN"

Xa temos o veredicto do xurado. Os gañadores recibirán 25€ e unha flor, as mencións especiais recibirán unha flor.

A entrega de premios será o día 23 no recreo, no salón de actos.

Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar!!

Podedes ver as poesías seleccionadas no arquivo adxunto.

APARTADO 1º CICLO DA ESO:

EDUARDO GALEANO.

O escritor uruguaio Eduardo Galeano deixounos o pasado 13 de abril. Pensamos que a mellor homenaxe que se lle pode facer é revisar a súa obra. Telesur ofrece algúns dos seus libros, de forma gratuíta, en pdf.

Tamén podedes collelos na biblioteca e, recordade, se non tedes e-book, nós tamén os prestamos!!

 

MALOS TEMPOS PARA A LÍRICA? NON!

Polo menos iso é o que pensamos no equipo da Biblioteca, así que creamos tres recunchos no noso centro dedicados á poesía.

Hai un en cada andar, búscaos!!

CONCURSO DE POESÍA: FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN

Co gallo da celebración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, a biblioteca do IES Nº1 convoca un concurso de poesía vinculado á primavera.

No seguinte enlace podedes atopar as bases. Tedes ata o 15 de abril para presentar os vosos poemas.

Animádevos a participar!!

VISITA DE BERTA DÁVILA

Berta Dávila visitou hoxe o noso Club de lectura para falar da súa última novela O derradeiro libro de Emma Olsen.

O equipo da biblioteca quere agradecer a Encarna Pego a súa axuda na xestión desta actividade.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut