Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 15: GRACE CHISHOLM YOUNG

Grace Chisholm foi a filla menor de Henry William Chisholm, importante membro do goberno inglés, o que lle permitiu acceder a uns estudos normalmente negados ás mulleres. Educouse con institutrices ata os 17 anos, idade na que aprobou o exame de acceso á Universidade de Cambridge.


En principio ía estudar medicina porque facía traballos sociais cos pobres de Londres, pero a súa familia opúxose e decidiu estudar matemáticas no Girton College, onde recibiu clases de William Young.

Doutorouse en matemáticas en 1895 cunha tese sobre grupos alxébricos en trigonometría esférica, baixo a dirección de Felix Klein.

Escribiu Primeiro libro de Xeometría no que opinaba sobre o interese que tiña ensinar xeometría utilizando corpos xeométricos en tres dimensións.
Tivo seis fillos e comezou a interesarse no ensino infantil, escribindo varios libros sobre o tema, en colaboración co seu home, William Young.

Os traballos de investigación sempre se publicaban co nome do seu home: dos 220 artigos e varios libros que son obra conxunta, só unha pequena parte teñen a sinatura de Grace.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut