Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 12: SOFÍA KOVALEVSKAYA

Cando tiña 11 anos o seu pai empapelou o seu cuarto cos apuntamentos dun curso de Cálculo Diferencial e Integral: quedou fascinada polas fórmulas e relegou todos os seus estudos polo Cálculo, o que obrigou ao seu pai a quitarlle o profesor de matemáticas, aínda que ela seguiu estudando polas noites.
A pesar do seu talento para as matemáticas, non lle sería posible completar os seus estudos en Rusia. Nesa época, a muller non era admitida na universidade. Para estudar no estranxeiro, necesitaba do permiso escrito do seu pai ou marido. Así que casou falsamente con Vladimir Kovalevsky e emigrou de Rusia en 1867.
Coñeceu a Weierstrass en Berlín en 1870 e traballou con el durante catro anos. Obtivo o doutoramento na universidade de Gottingen, pero non lle permitiron dar clases. Finalmente, conseguiu un posto de traballo permanente na universidade de Estocolmo.

Desgrazadamente, morreu moi nova, aos 41 anos.

As súas principais aportacións no campo das matemáticas foron:

-O teorema que leva hoxe o nome de Cauchy-Kovalevsky, básico na teoría das ecuacións diferenciais parciais.
-Examinou o concepto analítico desenvolvido na obra de Legendre, Abel, Jacobi e Weierstrass, que deu pé ao traballo de seu segundo doutoramento.
-No traballo co que gañou o Premio Bordin, xeralizou os resultados de Euler, Poisson e Lagrande que consideraban dous casos elementais da rotación dun corpo ríxido arredor dun punto fixo.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut