Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 10: JOAN CLARKE

Todo o mundo coñece a Alan Turing, matemático que sentou as bases para a construción dos ordenadores e que é recordado coma un heroe, xa que conseguiu decodificar a máquina Enigma construída polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial.
Evidentemente, Turing non traballou só. Tiña un grupo de colaboradores entre os que estaba a matemática e criptoanalista Joan Clarke, subdirectora do proxecto, á que non se recorda da mesma maneira.
En Bletchley Park, lugar no que se realizaron os traballos de descifrado dos códigos alemáns, traballaban miles de persoas, das que o 75% eran mulleres que se coñecían como “as chicas de Bletchley Park”.

Joan tivo que ser contratada como lingüísta, pois non existía o traballo de criptoanalista para unha muller.

En 1947 recibiu a Orde do Imperio Británico polo seu traballo durante a Segunda Guerra Mundial.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut