Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 9: MILEVA MARIC

Mileva Maric é a cara do noso taller, pero aínda non indagaramos na súa vida. Xa sabemos que hai  moitas voces discrepantes con respecto á súa contribución ao traballo do seu home, Albert Einstein, pero é indudable que foi unha matemática notable e tamén que tivo que deixar a súa carreira á marxe para ocuparse da súa familia.

Sorpréndeunos moito ver como tratou a historia ao seu home, xenio indudable, pero moi distante da imaxe de persoa afable que chegou ata nós. Baste ler estas normas que lle impón á súa muller cando xa tiña unha relación coa que sería a súa segunda esposa:

Renunciarás ás túas relacións persoais comigo, excepto cando estas se requiran por aparencias sociais. En especial non solicitarás que sente ao teu carón en casa, nin que saia de viaxe contigo. Prometerás explicitamente observar os seguintes puntos canto esteas en contacto comigo: non deberás esperar ningunha mostra de afecto miña, deberás responder de inmediato cando che fale, deberás abandonar de inmediato o cuarto ou o estudio e sen protestar, cando eu cho diga



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut