Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 7: MARY SOMERVILLE

Mary Somerville naceu o 26 de decembro de 1780 en Escocia. Recibiu unha educación puramente “feminina”. Os seus pais nunca apoiaron o seu interese polas matemáticas, polo que estudaba ás agachadas. Nunca tivo unha educación formal, todo o que aprendeu fíxoo de forma autodidacta.


Seguiu aprendendo desta maneira cando casou, xa que o seu home, Samuel Greig, non aceptaba que unha muller estudara.

Quedou viúva aos tres anos e volveu cos seus fillos a Edimburgo, onde entrou en contacto con xente de ciencia que a valoraba. Recibiu unha medalla de prata por resolver problemas da revista Mathematical Repository.

En 1812 casou con William Somerville, apaixonado da ciencia e que a apoiou nos seus estudos e logros. Por motivos laborais o matrimonio establécese en Londres e viaxan a París, onde Mary coñece persoalmente os grandes matemáticos do continente. En 1834 publica A conexión das Ciencias Físicas onde intúe que debe haber un planeta que altera a órbita de Urano (Neptuno).

En 1838 trasládanse a Florencia e alí segue publicando, destacando Xeografía Física, que foi libro de texto ata o século pasado. Por esta obra foi nomeada membro da Sociedade Estatística e Xeográfica Americana, da Sociedade Xeográfica Italiana e recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedade Xeográfica.

Quizás polos problemas que tivo para poder estudar, durante toda a súa vida (92 anos) foi unha defensora dos dereitos da muller á educación e ao voto. Hoxe a coñecemos como a Raíña das Ciencias do século XIX.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut