Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 6: OLGA TAUSSKY-TODD

Olga Taussky -Todd naceu o 30 de agosto de 1906 en Olomouc. Cando tiña tres anos, ela e a súa familia trasladáronse a Viena onde padeceron a fame que provocou a I Guerra Mundial.

Doutourose en 1930 na Universidade de Viena. En 1934, como tantos outros xudeus, emigrou a Gran Bretaña. En 1947 comezou a traballar como consultora na Oficina Nacional de Estándares de EEUU.

Experta en Teoría de Números e Teoría de Matrices, foi unha das figuras claves no desenvolvemento da computación.

Publicou máis de 300 traballos científicos e recibiu multitude de premios e honras; foi elixida membro de prestixiosas institucións e Academias de Ciencias de varios países a partir dos anos 70.

Facilitou durante toda a súa vida a incorporación de mozas matemáticas á ensinanza superior e á investigación.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut