Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

QUINTA SESIÓN DO TALLER DE MATEMÁTICAS: ADA LOVELACE O CÓDIGO BINARIO E FLAVIO JOSEFO

Na última sesión do taller de matemáticas deste trimestre seguimos coñecendo máis aspectos da vida de Ada Lovelace: aprendemos que hai unha linguaxe de programación que leva o seu nome, ADA, ou que Google lle dedicou un doodle no 2012:

Ademais comprobamos como o sistema binario pode salvarnos a vida, co problema de Flavio Josefo:

Contan que este xogo mental foi creado polo historiador xudeu Flavio Josefo hai case 2000 anos, durante o asedio romano de Yodfat.
A historia di que, cos romanos a punto de entrar en Yodfat, os soldados xudeus decidiron comprometerse nun pacto de morte para evitar ser capturados e sen ter que suicidarse (algo prohibido expresamente pola lei xudía).
O pacto de morte consistía en sentarse en círculo e apuñalar á persoa da túa esquerda. Avanzando sempre no sentido das agullas do reloxo, a seguinte persoa viva faría o mesmo, e así sucesivamente, ata que só sobrevivira un.
A pregunta que se facía o historiador Josefo era: haberá algunha maneira de asegurar ser ti a última persoa viva? E aquí é onde veñen as mates ao rescate!!!!
Se podes converter mentalmente números a formato binario, saberás en que lugar do círculo sentarte para quedar de último.

Para saber o soldado que vai sobrevivir fai o seguinte:
1.- Transforma o número de soldados nun número binario.
2.- Coloca a primeira cifra do número binario ao final.
3.- Transforma ese novo número a decimal: ese será o que sobreviva.

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut