Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

CUARTA SESIÓN DO TALLER DE MATEMÁTICAS: ADA LOVELACE

Ada Byron, que era o nome real de Ada Lovelace (tras casar pasou a chamarse Condesa de Lovelace), naceu en Londres o 10 de decembro de 1815. O seu pai era o poeta inglés Lord Byron, que se separou da súa nai ao pouco de nacer Ada.


A súa nai, Anne Isabella Milbanke, promoveu na súa filla o interese polas matemáticas e a lóxica para evitar, desta forma, fomentar o carácter de Lord Byron en Ada.

Recibiu clases de titores como Mary Sommerville en matemáticas e Augustus De Morgan en lóxica; que viron clara a predisposición da súa alumna á aprendizaxe destas materias e o seu talento para as matemáticas.

Coñeceu a Charles Babbage en 1833, interesándose axiña polo seu proxecto de crear unha máquina analítica.

Foi a primeira persoa no mundo que describiu unha lenguaxe de programación de carácter xeral.

Nesta sesión, o alumnado aprendeu a linguaxe dos ordenadores: o código binario.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut