Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

Descrición da biblioteca do IES Nº 1

 Na planta baixa do IES Nº 1 de Ribeira encóntrase a biblioteca do centro, biblioteca “Ánxel Casal Gosende”, que ocupa unha superficie de máis de 110 m2, con máis de oito mil cincocentos documentos (libros, DVDs…) ordenados en andeis segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU). Podes encontralos en castelán, galego, inglés, francés, árabe, latín, grego… O espazo está distribuído en tres usos: A ciberteca, onde se atopan os ordenadores, o recuncho de cómics e revistas e as mesas de estudo

Dispoñemos dunha hemeroteca que renovamos mensualmente. Temos seis ordenadores de uso individual nos que se poden consultar os fondos da biblioteca (OPACMEIGA), ou ben buscar información. Tamén hai auriculares para emprestar. Hai cinco libros electrónicos a disposición de toda a comunidade educativa e material audiovisual que inclúe películas, música, didáctica, documentais, teatro…

Algún dos armarios están cedidos á Escola Oficial de Idiomas.

No corredor, ao lado da porta da biblioteca, hai uns armarios con libros de referencia (enciclopedias, atlas…de distintas materias: cine, historia…) que non poden levarse en préstamo. Tampouco se pode facer cos dicionarios e mapas que se encontran dentro da biblioteca. A zona de autopréstamo encóntrase fronte á porta de entra do centro e autoxestiónase.

Do teito colgan os carteis dalgunhas das edicións da Semana cultural que anualmente organiza o centro.

Hai tres recunchos de lectura informal, na zona de espera xunto á porta de entrada do centro, no bar (onde tamén hai unha zona de xogos) e no pavillón deportivo.

A biblioteca xestiona tres paneis: un informativo ao lado da porta da biblioteca, outro de idiomas no primeiro andar e un terceiro de ciencias no segundo andar.

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut