Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. SESIÓN 1: MARÍA WONENBURGER

Na primeira sesión do noso taller coñecemos a María Wonenburger, da que o noso alumnado nunca escoitara falar:

María naceu en Oleiros en 1927 e estudou a carreira de matemáticas en Madrid. Consegue unha das primeiras bolsas Fullbright e marcha a EEUU a facer o doutoramento. Cando regresa, ten que presentar unha nova tese, pois non lle recoñecen o título americano.

Desenvolveu a súa carreira profesional nas universidades de Toronto, Indiana e Buffalo. Foi unha experta en Teoría de grupos e os seus traballos publicáronse en revistas de impacto internacional.

Deixou a súa carreira e regresou a Galicia aos 56 anos para coidar da súa nai enferma. Permaneceu anos no anonimato ata que foi redescuberta e homenaxeada recoñecendo o seu labor.

O premio María Wonenburger se lle concede anualmente a científicas galegas con méritos destacados en investigación.

María morreu en 2014 na Coruña.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut