Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

MATEMÁTICAS, ESAS DESCOÑECIDAS. COMEZA O TALLER DE MATEMÁTICAS

Durante este curso realizaremos un taller de matemáticas os martes ao mediodía co alumnado de 2º e 3ºESO.

O obxectivo é coñecer mulleres relevantes nas matemáticas ás que non se lles dá espazo nos libros de texto e, tamén, achegarnos a esta materia dunha maneira lúdica e diferente, fóra do academicismo necesario nas aulas.

A primeira muller á que recordamos é Mileva Maric, matemática que viu truncada a súa carreira e que colaborou nos traballos do seu home, Albert Einstein. Hai defensores e detractores por igual do traballo de Mileva, sempre que se reivindica a unha muller olvidada, ocorre o mesmo. Porén, despois de ninguneala durante anos, Einstein entregoulle parte dos cartos que gañou co premio Nóbel, recoñecendo así, dalgunha maneira, o seu traballo.

Mileva simboliza, neste taller, a esas mulleres que tiveron que deixar a súa carreira para dedicarse as súas familias, que non viron recoñecido o seu traballo e ás que a historia esqueceu.

Este é o calendario das reunións do taller:

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut