Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

VI CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

   Esta semana fomos a Coruña a participar no VI Concurso de robótica. Fomos os gañadores do día nas categorías de ESO e na de Bacharelato. O grupo de 4º ESO (Lucía, Carme, Moisés e Sara) conseguiu manterse primeiro ata o mércores, que pasaron a ocupar a segunda posición. Finalmente, tras as competicións do venres, quedaron cuartos. O grupo de bacharelato (Israel, David e Alex) pasou á terceira posición o martes e mantívose nela ata o xoves. Finalmente, quedaron tamén na cuarta posición. En fin, que a semana estivo emocionante e non me queda máis que darvos a miña máis sincera noraboa. Fixéchedelo moi, moi ben! Saquei unhas fotiños, poucas e de pouca calidade, mais aí van...



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

page | by Dr. Radut