Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

ROTEIRO POLO XEOPARQUE "CABO ORTEGAL"

Outro ano máis, como xa é tradición, o pasado martes día 2 de abril achegámonos ao Xeoparque UNESCO de Cabo Ortegal co alumnado de 2°Bach de Xeografia e de Xeoloxía e Ciencias Ambientais, e tamén cunha pequena representación de "olímpicas" de 4ºESO. Alí, o doutor en xeoloxía Francisco Canosa Martínez guiounos de novo por esta viaxe cara ao centro da Terra, axudándonos a deixar de simplemente ver a paisaxe, para así poder realmente observar.

Un roteiro pola serra da Capelada, entre Chao do Monte e o Cabo Ortegal, camiñando sobre granulitas, peridotitas, serpentinitas, ecloxitas e filóns de seixo. Visitamos vales glaciares, achegámonos aos impresionantes cantís de Herbeira, coa praia de areas negras de Teixidelo no fondo, e tivemos ocasión de ver pregamentos, fallas, fieitos-reliquia e parques eólicos, acompañados en todo momento polas vacas e os cabalos en liberdade que habitan os altos da Capelada.

Este ano, ademais, a actividade levouse acabo contra vento e marea, pois fomos acompañades de poderosos refachos de vento e tamén da choiva intermitente durante case toda a xornada. Porén, o esforzo de seguro que pagou a pena!

Unha actividade interdisciplinar que une a dous Departamentos didácticos, un Club de Ciencias e que ademais contribúe a dinamizar a lingua galega.

Desde agora, o noso alumnado xa pode dicir que foi a Santo André de Teixido!

 



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut