Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

XORNADA TÉCNICA DE FORMACIÓN NO CAFI

 

A aventura dos Polos Creativos segue en marcha coa formación. O sábado 2 de marzo a Coordiandora dos Polos Creativos do noso centro, asistiu a unha xornada de formación técnica no CAFI en Santiago. Esta xornada ven a completementar a formación establecida no programa para os novos coordinadores. 

Ao longo das catro sesións programadas puido formarse en: impresión 3D, no manexo do plotter de corte, na cortadora láser e na radio escolar. Unha xornada moi intensa na que compartiu inquedanzas con profesorado doutros centros, tanto de secundaria, coma de infantil e primaria. 

Agora toca esperar a que chegue a dotación da Consellería para poder comezar a empregar todas estas ferramentas co resto do profesorado que está a realizar a formación dentro do PFPP do centro.

Deixamos aquí as ligazóns das redes sociais dos Polos Creativos do noso centro para que poidades seguirnos nelas, e vaiades acompañando ao profesorado que está a formarse para logo levar á aula novas experiencias de aprendizaxe.

 

                                 

 

Instagram iconos creados por Freepik - Flaticon



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

blog | by Dr. Radut