Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

10 de decembro: 75 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DE DEREITOS HUMANOS

Día dos DDHH de Noa

O pasado domingo día 10 de decembro a Declaración Universal de Dereitos Humanos facía 75 anos e desde o EDLG, coa axuda do alumnado colaborador no Parladoiro, decidimos deseñar unha pequena exposición que sirva para conmemorar un aniversario tan especial. Por suposto, o documento máis traducido do mundo, publicado en máis de 330 linguas distintas, tamén ten a súa versión en galego e así nos encargamos de recordalo.

A partir de agora, cada vez que entremos no instituto lembraremos o lonxe que estamos aínda de conseguir que estes 30 dereitos inherentes ás persoas se cumpran. Porén, e ao mesmo tempo, cada mañá teremos tamén a oportunidade de recordar cal debe ser a nosa aspiración como especie.

Poster Día dos DDHH de Marcos F.



FSE

convivencia

Plambe

CUALE

story | by Dr. Radut