Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

SEXTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA. 28 DE ABRIL

Comentaremos o libro EL BAILE de Irène Némirovsky.

Non faltedes!!

VISITA DE BERTA DÁVILA

Berta Dávila visitou hoxe o noso Club de lectura para falar da súa última novela O derradeiro libro de Emma Olsen.

O equipo da biblioteca quere agradecer a Encarna Pego a súa axuda na xestión desta actividade.

PARABÉNS MELINA!!!!

   

A alumna de 1º A de Bach Melina Santamaría Parada viu un dos seus microrrelatos seleccionados para formar parte dunha Antoloxía que se titulará Pluma, tinta y papel, nome homónimo do III Concurso de microrrelatos de temática libre organizado por Diversidad literaria.
Dende o centro, a nosa noraboa.
Se alguén estivese interesado/a en adquirir a antoloxía, o enlace é o seguinte:
http://www.diversidadliteraria.com/

TALLER DE ESCRITURA

Deu comezo o taller de escritura que organiza a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística e que dirixe o escritor Xabier López. Está dirixido ao alumnado de 1º bacharelato e ao finalizar publicaremos unha escolma do seu traballo.

QUINTA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA: BERTA DÁVILA

O vindeiro 10 de marzo contaremos con Berta Dávila para falar con ela do seu libro: O derradeiro libro de Emma Olsen

Non faltedes!!!

BASES DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA

Xa estamos a punto de comezar a V Olimpíada matemática. No adxunto tedes as bases.

A semana que vén iníciase a 1ªfase. Moita sorte a todo@s!!!

#eusonRosalia

24  DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA.

Hoxe conmemórase o nacemento de Rosalía e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón usar #eusonRosalia para sumarnos á súa homenaxe.

 

LA PASIÓN DEL AJEDREZ

Enlazando coa posta en marcha do noso Club de xadrez, queremos recomendarvos a sección La Pasión del ajedrez que coordina Leontxo García, xogador de xadrez e xornalista especialista neste xogo.

Novas, historias, xogadas e os últimos torneos, para todos os que esteades interesados no mundo do xadrez.

GAÑADORES DO I CONCURSO DE RELATO CURTO

Estes son os relatos gañadores do Concurso de relato curto.

Moitas grazas aos participantes e parabéns a Laura Rodríguez (1º ESO C) e María Álvarez (4º ESO C)

LAURA RODRÍGUEZ SIEIRA (1º C)

COMEZAMOS CO CLUB DE XADREZ

Este pasado xoves comezamos as reunións do Club de xadrez. O equipo da biblioteca quere agradecer ao profesor Ventoso a súa axuda e ao profesor Manuel Barros a súa colaboración co noso centro.

As reunións serán todos os xoves de 16.30-17.30 e posteriormente xogarase un campionato nos recreos.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut