Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

CONCURSO DE POESÍA: FLOR DE PRIMAVERA NO NÚMERO UN

Co gallo da celebración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril, a biblioteca do IES Nº1 convoca un concurso de poesía vinculado á primavera.

No seguinte enlace podedes atopar as bases. Tedes ata o 15 de abril para presentar os vosos poemas.

Animádevos a participar!!

VISITA DE BERTA DÁVILA

Berta Dávila visitou hoxe o noso Club de lectura para falar da súa última novela O derradeiro libro de Emma Olsen.

O equipo da biblioteca quere agradecer a Encarna Pego a súa axuda na xestión desta actividade.

TALLER DE ESCRITURA

Deu comezo o taller de escritura que organiza a Biblioteca e o Equipo de Normalización Lingüística e que dirixe o escritor Xabier López. Está dirixido ao alumnado de 1º bacharelato e ao finalizar publicaremos unha escolma do seu traballo.

BASES DA OLIMPÍADA MATEMÁTICA

Xa estamos a punto de comezar a V Olimpíada matemática. No adxunto tedes as bases.

A semana que vén iníciase a 1ªfase. Moita sorte a todo@s!!!

#eusonRosalia

24  DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA.

Hoxe conmemórase o nacemento de Rosalía e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega propón usar #eusonRosalia para sumarnos á súa homenaxe.

 

V OLIMPÍADA MATEMÁTICA

Xa chegamos á quinta Olimpíada. O ano pasado pasámolo fenomenal, durante as probas e dende logo os gañadores nas xornadas de multiaventura.

RIBEIRA, UN LUGAR, MIL MUNDOS

Por segundo ano consecutivo realizamos a actividade Un lugar, mil mundos

CONTRA O RACISMO. LECTURAS E PELÍCULAS RECOMENDADAS

 

 

Tedes á vosa disposición unha selección de libros e películas que tratan o tema do racismo. Podedes velas na exposición que hai na Biblioteca do centro.

Os nosos alumnos son premiados no VII Concurso Galego de Robótica

Os alumnos de 4º da ESO  María Álvarez Vizcaya, José Joaquín Baz Pena, Nerea Enríquez Fernández e Nuria Oujo Míguez acadaron o segundo premio do VII Concurso Galego de Robótica. O venres fomos a Coruña recoller o premio.

VII Concurso Galego de Robótica

O IES Nº 1 de Ribeira vén de participar no VII Concurso Galego de Robótica, no que compiten 40 centros educativos e máis de 1300 estudantes de Tecnoloxía. Os nosos alumnos de 4º da ESO situáronse na primeira posición e permanecen nela tras tres días de concurso. O grupo de 1º de BAC acadou o martes a segunda posición e a día de hoxe ocupa a terceira. O venres 6 de febreiro finaliza o concurso sendo a entrega de premios ás seis da tarde na Coruña.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut