Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

BENVIDO/A Á AVENTURA DO PASAPORTE LECTOR!!

Na Biblioteca atoparás os libros necesarios para planificar a túa viaxe. Unha vez lidos, poderás conseguir os selos que demostren que es a persoa máis lectora do teu curso. Deste xeito, gozarás dun estupendo agasallo!!
Boas lecturas e avante toda!!

QUERES APRENDER A XOGAR AO XADREZ?

A partir de xaneiro comezaremos co Club de Xadrez. Se queres aprender a xogar, tes a oportunidade de facelo.

As clases serán pola tarde, fóra do horario lectivo.

Se estás interesad@, apúntate na secretaría do centro.  Tes de prazo ata o 17 de novembro.

OTELO e HAMLET

Nos seguintes adxuntos tedes acceso a estas obras, xa que, debido á gran demanda destes títulos nestes días, pode ser que non os atopedes na biblioteca en papel. Recordámosvos que tamén temos libros en formato dixital. Estas dúas obras son de acceso libre. Se non tedes libro electrónico, temos á vosa disposición 5 na biblioteca. Falade con algún membro do equipo da biblioteca para levalos prestados.

Na biblioteca tedes estes arquivos en formato epub.

XORNADAS DE INFORMACIÓN SOBRE O ACOSO ESCOLAR

A vindeira semana o Equipo da Biblioteca terá unha serie de xuntanzas co alumnado da ESO para tratar o tema do acoso escolar.

Elaboramos tamén un documento informativo dirixido a pais e nais sobre este tema tan preocupante para todos.

POSTA EN MARCHA DA BIBLIOTECA

A biblioteca do IES Nº1 xa está en marcha. Estes días estamos dando a coñecer as normas e funcionamento a todo o alumnado novo no centro. Se tes algunha dúbida, fala con nós.

Bo curso e boas lecturas!!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA SAMAÍN

Apetéceche gañar un fantástico premio aproveitando a celebración do Samaín? Participa no concurso de fotografía organizado pola Biblioteca!!!

Animádevos!!

Tedes as bases no adxunto

COMEZA O CURSO NA BIBLIOTECA DO IES Nº1

Desde a Biblioteca do IES Nº1 dámosvos a benvida ao novo curso. Nuns días teredes a biblio á vosa disposición, unha vez rematados os traballos de organización propios do comezo de cada curso. Agradecemos a vosa paciencia.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-16

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-2016 (CORRIXIDOS NO MES DE SETEMBRO)

PREMIOS " THE BIG CHALLENGE"

Entrega de premios ós participantes do concurso "THE BIG CHALLENGE" e unha noraboa especial a Nerea Enríquez , Santiago Martínez e Lucas Fernández polos tres primeiros premios a nivel provincial.

 

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut