Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

RIBEIRA, UN LUGAR MIL MUNDOS

Por terceiro ano consecutivo, celebramos Ribeira, un lugar mil mundos, co gallo do Día da Paz. Nesta ocasión, o alumnado de 1º ESO participou nun trivial, elaborado por eles, con preguntas sobre os países de procedencia do noso alumnado estranxeiro.

QUERES XOGAR AO XADREZ NOS RECREOS E NON ATOPAS UN LUGAR TRANQUILO?

A partir de hoxe podedes xogar ao xadrez nos recreos na aula 110. Disporemos varios taboleiros e fichas para que poidades xogar nun ambiente en silencio.

Pedídelle a Olga que vos abra a aula.

Se tedes calquera dúbida, falade con Trini.

II CONCURSO DE RELATO CURTO

No seguinte enlace tedes as bases do CONCURSO DE RELATO CURTO. Os premios daranse no festival de Entroido do día 5 de xaneiro.

Animádevos a participar!!!

Se tedes algunha dúbida, consultade co profesorado de lingua castelá ou galega ou ben preguntade ao equipo da biblioteca.

COMEZO DO CLUB DE XADREZ

Esta semana comezamos unha nova edición do Club de Xadrez. Agradecemos a colaboración do profesor da Escola Municipal de Xadrez de Ribeira, Manuel Barros, nesta actividade coordinada polo profesor Ventoso.

Exames de pendentes. Curso 15-16

EXAMES DAS MATERIAS PENDENTES

Achéganse as datas dos primeiros exames das materias pendentes. No seguinte enlace poderedes consultalas.

CLUB DE LECTURA 4º ESO E BACHARELATO. AVISO DE CAMBIO DE DATA

Como, polas vacacións de nadal, imos un pouco atrasados na lectura, cambiamos a xuntanza para o día 19 de xaneiro. Recordade, o libro é Mal de pedra de Milena Agus.

 

Agardámosvos!!

COMEZO DO CLUB DE XADREZ. AVISO AOS PARTICIPANTES

O Club de xadrez comezará o vindeiro xoves, día 14, en horario de 16.30-18.00, na aula 106.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Aquí tedes as nosas recomendacións para este tempo de lecer. Boas vacacións e felices lecturas!

RECOMENDACIÓNS PARA NADAL

RECOLLIDA DE XOGUETES PARA A CRUZ ROJA

O alumnado de 3º ESO B do noso instituto organizou unha campaña de recollida de xoguetes e libros que se entregará á Cruz Roja  o mércores 16 ás 12:00 da mañá.
Grazas a toda a comunidade  educativa do IES N 1 pola vosa colaboración.
A campaña foi coordinada por Carmen Segade.

SEGUNDA XUNTANZA DO CLUB DE 1º ESO

Hoxe tivemos a segunda xuntanza do Club de lectura de 1º ESO. Quedamos a comer no instituto e falamos de Otra vida para Cristina e dos nosos libros favoritos.

Volvemos xuntarnos en xaneiro, non faltedes!!

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut