Skip to Content

Punto Laranxa contra o acoso escolar

ESPAZO_SEGURO 

blogue de emmavedo

V FESTIVAL AUDIOVISUAL

Xa está aquí, un ano máis e xa van cinco (que son máis que catro e menos que seis). Xa sabedes: temática libre, dous importantes premios e 10 minutos como máximo de gravación; mais recordade que, ás veces, un minuto e unha boa idea son suficientes para triunfar. Anímadevos a participar!

V FESTIVAL AUDIOVISUAL

Este mércores ás 20:30h proxectaranse na Mostra de Curtas de Noia as curtametraxes "Ladróns de Soños" e "Se que tengo razón"

O mércores día 16 de Decembro ás 20:30h proxectaranse no Coliseo de Noela de Noia as curtametraxes "Ladróns de Soños" e "Sé que tengo razón" feitas por alumnos do noso instituto. As entradas custan 3 euros ( 2,40 euros para estudantes). Animádevos a ir!

A gala de entrega de premios, conducida por Federico Pérez e Touriñan,  será o sábado ás 10 de noite.

Antía Varela e Pablo Sampayo finalistas na Mostra de Curtas de Noia

As curtametraxes "Ladróns de soños", de Antía Varela e "Sé que tengo razón", de Pablo Sampayo, foron seleccionadas entre as once finalistas da Mostra de Curtas de Noia na sección de Mellor Curta Galela Amateur. Parabéns aos dous!!!!

No Festival Internacional de Cine de Ourense

8 CURTAMETRAXES DO IES Nº1 DE RIBEIRA PARTICIPAN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE OURENSE

Oito curtametraxes realizadas nos últimos anos no noso instituto, case todas elas finalistas ou gañadoras no noso Festival Audiovisual, foron seleccionadas para participaren na VI edición do Certame Ouff Escola, que forma parte do prestixioso Festival Internacional de Cine de Ourense.

Programación didáctica para o curso 2015/16

Nos arquivos adxuntos pódese consultar a programación didáctica do departamento de Tecnoloxía para este curso 2015/16. Nesta programación están recollidos os contidos, obxectivos, criterios de cualificación,... para todos os cursos e materias deste departamento.

Distribuir contido


FSE

convivencia

Plambe

CUALE

by Dr. Radut