Skip to Content

CURSO 2021/2022

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA DE 3º DE ESO.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN CATÓLICA DE 3º DE ESO.

 

Organizada polo Departamento de Relixión Católica e coordinada pola profesora María José Pérez Álvarez tivo lugar o 22 de marzo de 2022 unha saída á cidade de Compostela, visitando a catedral e o casco vello de Santiago, do alumnado de Relixión Católica de 3º de ESO.

 

CLASE MAXISTRAL DE ABRAHAM CUPEIRO PARA ALUMNADO DE MÚSICA DE 3º DE ESO E ALUMNADO DE MÚSICA DE BACHARELATO.

CLASE MAXISTRAL DE ABRAHAM CUPEIRO PARA ALUMNADO DE MÚSICA DE 3º DE ESO E ALUMNADO DE MÚSICA DE BACHARELATO.

 

Organizada polo Departamento de Música, coordinada no salón de Actos polo profesor Juan Dios Cañada, o día 23 de marzo de 2022, desenvolveuse unha clase maxistral do músico, compositor, musicólogo, construtor e reconstrutor de instrumentos, Abraham Cupeiro para alumnado dos distintos grupos de 3º de ESO, alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato e alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato.

 

SAÍDA/VISITA Á DOMUS (LABORATORIO DE FÁRMACOS E SALAS DE EXPOSICIÓNS) DO ALUMNADO DE BIOLOXÍA DE 2º DE BACHARELATO A.

SAÍDA/VISITA Á DOMUS (LABORATORIO DE FÁRMACOS E SALAS DE EXPOSICIÓNS) DO ALUMNADO DE BIOLOXÍA DE 2º DE BACHARELATO A.

 

Organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía e coordinada pola profesora Esther Suárez Boquete realizouse, o día 7 de marzo, a visita ao Laboratorio de Fármacos da DOMUS, e ás diferentes salas deste museo científico coruñés, do alumnado de Bioloxía de 2º de Bacharelato A.

CHARLA SOBRE TRANSPLANTES NO SALÓN DE ACTOS PARA O ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA DE 1º DE BACHARELATO.

CHARLA SOBRE TRANSPLANTES NO SALÓN DE ACTOS PARA O ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA DE 1º DE BACHARELATO.

Organizada polo Departamento de Física e Química e coordinada polos profesores Eva Fernández Quintás e José Carlos Areán Buján tivo lugar unha charla no Salón de Actos sobre transplantes, o día 15 de marzo,  para o alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, O 23 DE FEBREIRO.

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, O 23 DE FEBREIRO DE 2022. 

Organizadas polo Departamento de Lingua e Literatura Galega, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca, en conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o 23 de febreiro, realizáronse diversas actividades no Salón de Actos (lectura de textos, etc.) coa participación do alumnado dos diferentes cursos do IES Monte das Moas.

VISITAS Á CIDADE MEDIEVAL DO ALUMNADO DE 2º DE ESO.

VISITAS Á CIDADE MEDIEVAL DO ALUMNADO DE 2º DE ESO ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE XEOGRAFÍA E HISTORIA.

 

Organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia, coordinadas polos profesores Ana Romero Masiá e Adrián Rodríguez Rodríguez, en colaboración co Departamento de Educación do Concello da Coruña, realizáronse, a principios de marzo, diferentes saídas didácticas pola cidade vella da Coruña baixo o título “Visitas á Cidade Medieval” co alumnado dos distintos grupos de 2º de ESO.

 

CELEBRACIÓN O VENRES 25 DE FEBREIRO DO ENTROIDO NO INSTITUTO.

 

RECUPERACIÓN DA CELEBRACIÓN, O

VENRES 25 DE FEBREIRO, DO

ENTROIDO, NO ANO 2022, NO INSTITUTO

MONTE DAS MOAS.

Coas  precaucións derivadas pola COVID-19, puidose celebrar, aínda que fose de forma limitada, o Entroido no Instituto, participando na festa o alumnado, profesorado e persoal non docente do noso centro.

 

PARTICIPACIÓN DE DÚAS ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO NUNHA MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIUONAL DA MULLER E DA CIENCIA.

PARTICIPACIÓN DE DÚAS ALUMNAS DE 1º DE BACHARELATO NUNHA MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIUONAL DA MULLER E DA CIENCIA; ACTIVIDADE ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA EN COLABORACIÓN COA IGFAE E A USC.

Organizada polo Departamento de Física e Química e coordinada pola profesora Hervilia Seco Lago: participación de dúas alumnas de 1º de Bacharelato A, Irene Quintela Valiño e Sofía López Iglesias, conmemorando o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11 de febreiro), acompañadas pola profesora do Departamento, Hervilia Seco Lago, nas Facultades de Matemáticas e Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela, nunha “Masterclass sobre Física de Partículas” organizada pola IGFAE e pola Universidade de Santiago de Compostela. 

 

CONMEMORACIÓN CUNHA EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DO DÍA DOS HUMIDAIS (2 DE FEBREIRO).

CONMEMORACIÓN, O 2 DE FEBREIRO, DO DÍA DOS HUMEDAIS CUNHA EXPOSICIÓN ORGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. 

Organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, no Espazo Expositivo do centro, desenvolveuse, durante o mes de febreiro, unha exposición conmemorativa do Día dos Humedais (2 de febreiro) con traballos de diferentes grupos do Instituto, coordinada polo profesorado do Departamento: Esther Suárez, Carlos Rodríguez e Lola De Lara.

VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO Á EXPOSICIÓN "PETER LINDBERGH UNTOLD STORIES".

VISITA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO Á EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA"PETER LINDBERGH UNTOLD STORIES" NOS PEIRAOS DO PORTO DA CORUÑA OGANIZADA POLO DEPARTAMENTO DE ARTES PLÁSTICAS.

Organizada polo Departamento de Artes Plásticas (Debuxo) e coordinada polo profesor Santiago Collazo Trigo, en colaboración co Departamento de Educación do Concello da Coruña: visita, nos peiraos do porto da Coruña, cos diferentes grupos de 3º de ESO á “Exposición Peter Lindbergh Untold Stories”. A realización de dita saída foi complementada polo desenvolvemento durante o mes de febreiro nas clases de Educación Plástica de 3º de ESO cun taller de fotografía coordinado polo propio profesor da materia, Santiago Collazo Trigo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut