Skip to Content

SAÍDA DIDÁCTICA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN DIXITAL DE 3º DE ESO Á EXPOSICIÓN PROXECTO POLAROID.

O día 5 de maio o alumnado de Educación Dixital de 3º de ESO acudiu, na Fundación Barrié de la Maza da Coruña, á exposición "Proxecto Polaroid", nunha visita organizada polo Departamento de Tecnoloxía.

Aquí tedes algunhas das características desta exposición:

A Fundación Barrié acolle, en primicia para España, a exposición Proxecto Polaroid: Na intersección da arte e a tecnoloxía, comisariada por William Ewing; Barbara Hitchcock; Deborah G. Douglas; Rebekka Reuter e Gary Van Zante da Foundation for the Exhibition of Photography e o MIT Museum.

 A mostra comprende máis de 300 pezas, entre as que se conta material gráfico elaborado con toda a gama de papel e películas Polaroid e coas que se abarca unha produción artística que vai desde a década de 1940 ata os nosos días. Prototipos, modelos, papel e películas experimentais, debuxos técnicos e material relacionado integrarán o lado técnico da exposición.

Algúns dos nomes representados son: Ansel Adams; André Kertész; Sandi Fellman; Peter Beard; Dennis Hopper; George Silk; Richard Hamilton; Bill Eppridge; Shelby Le Adams; Fazal Sheikh; Chuck Close; Philippe Halsman; Guy Bourdin; William Wegman; Edward Steichen; Andy Warhol ou Robert Mapplethorpe.

A exposición foi organizada pola Foundation for the Exhibition of Photography, Minneapolis/New York/Paris/Lausanne e o MIT Museum, Cambridge, Mass., en colaboración coa Fundación Barrié.



page | by Dr. Radut