Skip to Content

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE FRANCÉS SOBRE O AGASALLO DE MUGUET O DÍA 1 DE MAIO.

Co gallo do 1° de maio en Francia agasállase cunha pequena póla de "muguet" aos familiares ou amigos, xa que segundo a tradición trae sorte; ao tempo que se celebra o día do traballo. O alumnado de Francés de 2º e 4º de ESO realizou unhas tarxetas inspiradas nesta celebración para felicitar o 1º de maio.

O muguet é unha planta cunha historia moi antiga. En Francia é unha tradición regalar esta flor para desexar boa sorte ás persoas queridas. O muguet é unha flor branca, pequena, con forma de campá que cheira estupendamente. Coñécese tamén como lirio do val. Esta flor crece en zonas húmidas dos bosques. En Francia é tradición regalar ramalletes de muguet na festa do 1 de maio. Faise para desexar boa sorte ás persoas que apreciamos. Ese día as rúas asoláganse de postos de muguet.

O muguet é unha planta cunha historia moi antiga. Segundo a mitoloxía grega, foi creada por Apolo para tapizar o chan e protexer os pés das nove musas. Os celtas crían que esta planta traía a felicidade e os cristiáns pensaban que as bágoas que verquiu a virxe ao pé da cruz farían florecer muguet.

Por que se regala muguet o 1 de maio en Francia?

A  tradición francesa de regalar estas flores procede da Idade Media. Conta a lenda que en 1560 Carlos IX e a súa nai Catalina de Medicis estaban de viaxe en Le Dauphiné. Alí, o cabaleiro Louis de Girard de Maisonforte ofreceulle a Carlos un ramo de muguet do seu xardín. O novo rei compracido tomou por costume regalar ás novas damas da corte un ramallete de muguet o primeiro de maio. O costume estendeuse rapidamente converténdose nunha tradición

Na Belle Epoque todos os modistos franceses ofrecían muguet aos clientes e ás costureiras o primeiro de maio. O muguet foi sempre o emblema da casa Christian Dior.

No ano 1941, instáurase en Francia a Festa do traballo e a concordia social no primeiro día de maio. A rosa vermella que fora, ata entón, o símbolo da xornada internacional dos traballadores desde 1891, (e que tiña unha connotación política demasiado de esquerdas) foi substituída polo muguet.



page | by Dr. Radut