Skip to Content

SAÍDA DIDÁCTICA AO FESTIVAL DE TEATRO DE LUGO.

O 7 de marzo tivo lugar, organizada polo Departamento de Latín, unha saída didáctica a Lugo para o alumnado de Latín de 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato. Na saída a Lugo o alumnado, e o profesorado acompañante, visitaron o monumento tardorromano de Santalla de Bóveda, a Sala de Exposicións Porta Miñá e o centro de interpretación da muralla. Ademais diso fixeron un percorrido pola muralla e o casco vello de Lugo, e, xa pola tarde, acudiron ao Auditorio Gustavo Freire para asistir á representación da comedia "Os persas" de Plauto, programada no Festival de Teatro Clásico de Lugo.



page | by Dr. Radut