O venres 17 de febreiro recuperouse a normalidade prepandemia na celebración do tradicional Festival de Entroido do IES Monte das Moas. O festival tivo unha participación masiva de alumnado, profesorado e persoal non docente e, a pesares dalgúns pequenos problemas técnicos, finalmente solventados grazas ao alumnado de 2º de Bacharelato e a Antonio Galán, xefe do departamento de Tecnoloxía, se puido celebrar en plenitude tan magnífico e lúdico acontecemento. No festival, organizado polo alumnado de 2º de Bacharelato, participaron 14 grupos ou comparsas, e actuacións individuais ou por parellas, de distintos cursos, ademais dunha comparsa "gótico/siniestra" do profesorado. A ANPA colaborou coa financiación dos tradicionais premios de filloas, orellas e bolechas. O grupo ou comparsa triunfador do concurso foi "Las MonsterHigh", composta polas alumnas de 3º de ESO, Dana Viñán, Jeismar Burgueza, Stephany Barreto, Anita Rico, Oriana Bellorin e Peace Barnabas. que coreografiaron maxistralmente a canción "Uptown Funk". En paralelo ao festival o alumnado de 4º de ESO vendeu viandas e larpeiradas para financiar a viaxe de fin de curso.
Se queredes ver un video resume do festival de Entroido, elaborado pola nosa compañeira Anxos Fuciños, debedes premer na seguinte
LIGAZÓN
Aquí tedes unha selección de fotografías da festa: