Skip to Content
 

Bioloxía e Xeoloxía

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Ola : Estes son os exercicios propostos para hoxe
Pax241:5,6,8,10.
Os podeis enviar mañá,, e son os últimos ata a volta de vacacións.

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 02/04/2020 + AVISO TITORÍA 1ºESO B

Bo día!

Para as actividades de hoxe de Bioloxía (1ºESO) tedes que entrar nos seguintes enlaces que vos deixo. Trátase de dous xogos similares aos que vos deixei a comezos de semana.

Lembrade que se vos animades coa actividade de facer pan a partir de masa nai estarei encantada de recibir as imaxes do voso proceso, como algún de vós xa enviou Guiño

Con estas actividades damos por rematada a 2ª Avaliación. Noraboa polo voso esforzo e polo traballo durante esta avaliación, especialmente estas últimas semanas de traballo desde a casa. Seguide así porque o estades facendo xenial!

Aproveitade estes días para descansar e facer outras actividades que vos recarguen pilas para volver o 14 de Abril con máis forza!

Unha aperta! Sorriso

Nota para as familias do alumnado da titoría 1ºESO B: como está publicado na páxina principal da web do Centro, mañá venres 3 de Abril realizaremos a entrega de boletíns de cualificacións da 2ª Avaliación por dúas vías:

- Abalar móbil: para todas aquelas familias que teñan a aplicación ou que a instalen, recibirán por ese medio as cualificacións.

- Correo electrónico: adxuntaranse os boletíns en formato PDF nas direccións de correo electrónico facilitadas no momento de formalizar a matrícula do alumnado.

Se ao longo do día de mañá (a partir das 12h) non recibides comunicación por calquera destes dous medios debedes poñervos en contacto co centro (ies.monelos@edu.xunta.es) para que vos envíen o boletín.

Para calquera dúbida relacionada coas cualificacións ou calquera cuestión relativa ao alumnado, as familias tedes dispoñible o meu correo electrónico: bermudezcouceiro@edu.xunta.gal

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Ola:
En resposta aos correos recibidos, sobre aplazar a data límite de contestación ós exercicios do tema 15,a contestación é que o podeis aprazar para a volta de vacacións, por exemplo, para o martes 14 de abril .

De todos os xeitos, si voluntariamente , quereis entregar os 10 primeiros é traballo que ides adiantando.

Saúdos, e ánimo.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Ola: En leste enlace achégovos,un vídeo sobre o covid-19, como complemento ao tema 15

Enlace coronavirus bbc; https://youtu.be/Zh_SVHJGVHw

 

 

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Ola: Achégovos, algúns exercicios , sobre a reprodución sexual.

 

1ºBAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 01/04/2020

Bo día a tod@s!

En Anatomía aplicada imos continuar coa actividade Tele-tabú:

1ºBAC A: hoxe é o día que tedes para entregar as palabras coas que queredes xogar. A hora límite de entrega é as 12h e ao longo do día enviareivos unha mensaxe co documento que tedes que resolver mañá.

1ºBAC B: xa tedes no voso correo electrónico as palabras que debedes resolver. Tedes de prazo límite para entregalas o venres 03/04/2020.

Un saúdo e bo mércores! Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 01/04/2020

Bo mércores!

Hoxe déixovos dúas lecturas relacionadas coas aplicacións ou relacións dos microorganismos co ser humano. Ides ver cando as leades que aparecen varios grupos de organismos de reinos vistos na aula, espero que sexades capaces de recoñecer a que reino pertencen e cales son as súas características!

A primera das noticias ten como protagonista aos mofos que se forman no pan cando pasa un tempo e as substancias que fabrican ditos organismos:

A segunda noticia está relacionada coa fabricación do pan que se elabora con masa nai, na que aparece o proceso de fermentación levado a cabo polos lévedos. O voso compañeiro Elías fixo masa nai na casa estes días e deume a idea! Guiño

É moi sinxelo que fagades esta masa nai na casa e a partir dela elaboredes pan. Se vos animades podedes enviar ao correo electrónico as vosas imaxes da masa nai ou do pan e as compartimos entre tod@s!

Hoxe soamente tedes que desfrutar da lectura, non hai nada que entregar. Resolvo dúbidas no correo de sempre se o precisades.

Ánimo e bo día! Sorriso

BIOLOXÍA 1ºESO: Actividades 31/03/2020

Bo día a tod@s!

Hoxe déixovos como arquivo adxunto un pequeno artigo sobre as abellas, para que o leades con calma e comprendades un pouco mellor a importancia dos invertebrados. É unha publicación da revista Cerna, que é unha revista galega de ecoloxía e medio ambiente.

Tamén vos deixo un enlace a unha exposición virtual do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas) sobre Charles Darwin e a Teoría da Evolución por se vos apetece botarlle un ollo.

 https://www.csic.es/es/ciencia-y-sociedad/iniciativas-de-divulgaci%C3%B3n/exposiciones-itinerantes/darwin2009-150-anos-de-la?fbclid=IwAR0yH4nsQp5N6yqSN55yb3qkbaGafN4cxtkF6ZQM6-DH8RqClOrVca9jzSY

 Desfrutade da lectura!

Coma sempre, se queredes facer algún comentario escribide ao correo electrónico.

Un saúdo! Sorriso

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 2º BAC

Bos días:
Hoxe vouvos achegar algúns ficheros, para resolver dúbidas.
O primeiro , é do tema 13, para que así podais ir vendo como vos saíron as actividades entregadas, e as que por algunha circunstancia non as puideron entregar, teñan unha orientación.
Tamén, o exercicio 4 do tema 14, que polo que estou vendo, dos exercicios estregados , é o que maior dificultade ten. Xa sabeis que teneis de prazo ata o día 31 deste mes para entregalo.
Tamén recordarvos que as actividades do tema 15, están colgados neste blog, no arquivo ajunto do 23-3. Entrega 2-abril
Este sería o último tema ata logo de vacacións, onde a partir de aí seguiriamos as novas instrucións da Consellería de Educación.
Nestes momentos, non se sabe máis do que vén nas noticias, sobre como se vai a seguir o curso,(xa sabeis que estamos condicionados pola evolución da pandemia), máis que sigamos dando a programación por vía telemática.
Tampouco está previsto, exames de xeito on-line.Si sería recomendable, que fósedes repasando os temas dados presencialmente, posto que parece ser ,que é o que máis peso ten na selectividad.
Ánimo e seguir traballando.

ACTIVIDADES DE BIOLOLOXÍA 1º BAC

Bos días:

Comezamos as actividades propostas para esta semana.

Recordade que as vou subindo día a día ,no archivo que adxunto , e mas enviais de xoves-venres.(2-3/abril).

Tamén recordarvos que é a última semana ata logo de vacacións.


A partir dese momento seguiremos coas instrucións que nos envíen da consellería.


As notas desta avaliación (2º avaliación), e que recibireis esta semana (venres 2-abril), son as das probas que xa realizaramos en clase presencial.


De todos os xeitos si teneis algunha dúbida, ma enviais por correo

Ánimo e seguir traballando

Distribuir contido


by Dr. Radut