Skip to Content

blogue desonia

BIOLOXÍA 1º ESO A: 06/05/2020

Bo día!

As actividades de hoxe son soamente para o grupo de 1ºESO A. Tedes dúas tarefas:

  1. Lectura das páxinas do libro de texto correspondentes aos grupos de vertebrados (páxinas 100 á 104)
  2. Exercicio 11 da páxina 107.

Mañá, durante a clase online, falaremos dos grupos de vertebrados e das súas características principais.

A data de entrega desta actividade é o luns 11/05/2020.

Vémonos mañá ás 10.30.

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 05/05/2020

Bo día!

Comezamos unha nova semana. Ánimo a tod@s!

Déixovos nun arquivo adxunto as actividades do día de hoxe. Tedes que entregalas mañá mércores 06/05/2020.

Son dúas actividades sobre os artigos que vos deixei a semana pasada para ler, polo que senón vos lembrades deles dádelles un repaso antes de poñervos coas actividades.

2 avisos:

  • Mañá mércores ás 10.30 temos clase en liña os do grupo 1ºESO B e o xoves ás 10.30, os de 1ºESO A.
  • Revisade as tarefas que levades feitas e entregadas durante esta 3ª Avaliación. Deberiades ter entregadas 4 tarefas e en caso de que vos falte algunha tedes de prazo ata o xoves 07/05/2020 para entregalas. A partir dese día non recollo esas actividades, que son as seguintes:
    • actividade 1 sobre o cómic do plancton (actividade inicial onde tiñades que identificar organismos e completar un cadro)
    • actividade 2 sobre o cómic do plancton (incluía actividades sobre copépodos, definición de plancton, etc)
    • actividade sobre redes/cadeas tróficas (recórdovos que estas actividades ían no mesmo documento que a teoría)
    • actividade 3 sobre o cómic do plancton (grupo de actividades que incluían as estratexias de camuflaxe)

Para calquera dúbida, coma sempre, escribídeme ao correo electrónico.

Un saúdo!Sorriso

SOLUCIONARIO BIOLOXÍA 1º ESO

Ola!

Déixovos o solucionario das actividades do 28 de abril que correximos durante a clase online. Recórdovos que estas actividades non as tedes que entregar.

Un saúdo!Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO B: 30/04/2020

Bo día!

Hoxe as actividades son para o alumnado de 1ºESO B.

Como xa vos comentei na clase de onte, déixovos uns enlaces a dúas noticias:

Tedes que ler ambas noticias e na próxima semana as comentaremos e faremos algunha actividade sobre elas. Polo tanto, se queredes podedes tomar algunha nota sobre elas ou subliñalas (non tedes que entregar nada).

Lembrade que o luns non teremos actividades posto que é día non lectivo escollido polo centro.

Un saúdo e boa fin de semana!Sorriso

Nota: ao final da mañá publicarei aquí o solucionario das actividades que correximos onte na clase virtual, para aqueles que non puideron conectarse.

1º BAC A: ANATOMÍA APLICADA 30/04/2020

Bo xoves a tod@s!

Déixovos nun arquivo adxunto un artigo científico sobre outro trastorno alimentario.

O obxectivo de hoxe é que o leades con calma, entendendo os conceptos que aparecen, comprendendo en que se basea o estudo e o trastorno. Podedes facer un esquema, subliñar o importante ou organizarvos como vós decidades, xa que na clase online do mércores falaremos sobre el.

Durante esa clase tamén faremos actividades sobre este trastorno e sobre a ortorexia. (Se algún de vós ese día non ten posibilidade de conexión, comentádemo e faredes a actividade para entregar)

Por suposto, calquera dúbida que teñades facédemo saber no correo electrónico.

Lémbrovos que mañá venres é festivo polo que xa nos vemos o mércores ás 11.20 na clase online.

Un saúdo, ánimo e boa fin de semana!Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO A: 29/04/2020

Bo mércores!

Hoxe as actividades son para o alumnado de 1ºESO A.

Recórdovos que mañá xoves ás 10.30 temos clase online. Deixeivos o enlace (que é o mesmo que o da semana pasada) na publicación do blogue de onte.

Hoxe déixovos uns enlaces a dúas noticias:

Tedes que ler ambas noticias e na clase da próxima semana as comentaremos e faremos algunha actividade sobre elas. Polo tanto, se queredes podedes tomar algunha nota sobre elas ou subliñalas (non tedes que entregar nada).

Dous avisos:

  1. O luns non teremos actividades posto que é día non lectivo escollido polo centro.
  2. Lembrade que na clase de mañá correximos as actividades de onte. Tédeas preparadas e para os que non poidan asistir deixarei colgadas as solucións mañá sobre as 14horas.

Un saúdo!Sorriso

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 29/04/2020

Bo día!

Hoxe déixovos un arquivo adxunto sobre outro dos trastornos alimentarios. É un artigo científico no que se fai un estudo deste trastorno.

Tedes que lelo con calma, entendendo o que se vos expón. Podedes subliñar, facer un esquema do importante ou o que queirades, posto que a semana que vén, na clase online do mércores, falaremos sobre el e faremos actividades sobre este trastorno e sobre a ortorexia. (Se algún de vós ese día non ten posibilidade de conexión, comentádemo e faredes a actividade para entregar)

Polo tanto, é importante que traballedes ben a información. Por suposto, calquera dúbida que teñades facédemo saber no correo electrónico

Lémbrovos que este venres é festivo e o luns tampouco temos clase (é día non lectivo escollido polo centro), polo que xa nos vemos o mércores ás 12.30 na clase online.

Un saúdo, ánimo e boa finde!Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 28/04/2020

Bo día!

Déixovos nun arquivo adxunto as actividades de hoxe. Tratan sobre o artigo que vos deixei onte para ler e tamén hai un pequeniño repaso dos invertebrados.

Estas actividades non as tedes que entregar, as correxiremos durante as clases online desta semana.

Para @s que non poidades asistir á clase online colgarei o xoves ao final da mañá un solucionario destas actividades para que as poidades corrixir vós.

Recórdovos que as clases online son:

  • 1ºESO B: mércores 10.30
  • 1ºESO A: xoves 10.30

Déixovos de novo o enlace (é o mesmo sempre; non necesitades contrasinal nin código) e lembrade que tedes que empregar o voso nome para que vos recoñeza e admita na sesión online: https://eduxunta.webex.com/meet/bermudezcouceiro

Ánimo e bo día!

Un saúdo Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 27/04/2020

Bo día a tod@s!

Comezamos unha nova semana. Moito ánimo!

Hoxe déixovos as seguintes tarefas:

  • Engadir as correccións que vos vou facendo nas actividades ao voso caderno/documento dixital. Recórdovos que é importante que corrixades as vosas actividades para ter as respostas correctas e completas. Se isto xa o ides facendo diariamente, pois hoxe non teredes que completar esta tarefa!
  • Lecturas/repasos:
    • déixovos un arquivo adxunto composto polas diapositivas que vos puxen na clase sobre invertebrados. Dádelle un ollo e repasade as características para as actividades de mañá. Se preferides facelo pola teoría que vos aparece no libro, non hai problema.
    • enlace a un artigo da revista ADEGA sobre como está afectando o noso confinamento na casa ás distintas especies animais. Hoxe tedes que lelo con calma e se tedes dúbidas preguntádeme, posto que algunhas das actividades de mañá terán relación con este artigo. http://adega.gal/web/novas.php?id=971&idioma=gl&sec=7

Polo tanto, hoxe non tedes que entregar nada no correo electrónico. Dádelle un repaso tamén ás cadeas/redes tróficas!

Un saúdo Sorriso

1º BAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 24/04/2020

Bo día!

Déixovos en arquivo adxunto as pautas para facer a seguinte actividade. Tamén vos incluín a data de entrega nese documento.

Todas as dúbidas as resolvemos, coma sempre, por correo.

Lembrade que hoxe é a data límite de entrega da actividade dos mandalas.

Que teñades boa fin de semana!

Un saúdoSorriso

Distribuir contido


by Dr. Radut