Skip to Content
 

blogue desonia

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 25/05/2020

Bo día!

As actividades para 1ºBAC B de hoxe son as seguintes:

  1. Lectura da páxina 156 do libro onde vos explica as compoñentes e parámetros dun electrocardiograma.
  2. Actividade recollida no arquivo adxunto. Tedes que interpretar os electrocardiogramas que aparecen recollidos e dar un posible diagnóstico en base a eles.

A data de entrega é o venres 29/05/2020.

Esta semana temos clase en liña o mércores ás 12.30.

Un saúdo e ánimo coa semana! Sorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 25/05/2020

Bo luns a tod@s!

Para rematar os contidos relativos ao Reino Animal, esta semana tedes que facer un pequeno traballo. As instruccións están recollidas no documento que vos deixo como adxunto.

Lede ben as normas da actividade e, como vos digo nese documento, preguntade todas as dúbidas que teñades.

É unha actividade final, que nos serve para repasar todo o visto sobre animais. Facédea con calma e ben, completando todos os apartados.

Tedes de prazo para entregala ata o xoves 28 de Maio.

Nas clases en liña desta semana faremos algún xogo/actividade para repasar o Reino Animal (vertebrados e invertebrados). Dádelle un repaso á teoría antes de ter clase.

Boa semana!

Un saúdo Sorriso

Avisos importantes:

  1. Tedes na páxina principal do IES unha nota sobre os días e horas aos que podedes ir ao centro a recoller o material que vos quedou na clase.
  2. Para os que tedes os cadernos de recuperación: hai un erro na puntuación da 1ª actividade: cada apartado desa actividade suma 0.25 puntos, en lugar dos 0.20 que aparecen recollidos no caderno.

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 22/05/2020

Bo día!

As actividades para hoxe son:

  1. Lectura das páxinas do libro de texto sobre patoloxías do sistema vascular e relación deste sistema co exercicio. (p.162-165)
  2. Quizizz sobre eses contidos. https://quizizz.com/join?gc=8404538

Lembrade que hoxe tedes que entregar a práctica sobre a análise de sangue.

O cuestionario o tedes aberto ata o luns ás 12h (só terei en conta o 1º intento e poñede o voso nome e primeiro apelido).

Que teñades boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Nota: entre hoxe e o luns publicareivos no blogue o vídeo dos mandalas.

BIOLOXÍA 1º ESO B: 21/05/2020

Bo día!

As actividades de hoxe para 1ºESO B son:

Recórdovos que o mércores durante a clase en liña comentaremos a infografía da ra (semana pasada) e máis esta que vos deixo hoxe. 

Hoxe non tedes que entregar nada, as cuestións que aparecen na infografía as resolvemos na clase da semana que vén.

Que teñades boa fin de semana!

Un saúdo!Sorriso

Notas:

  1. Tedes o cuestionario sobre vertebrados dispoñible en quizizz ata as 21.30 de hoxe para os que aínda non o completaron.
  2. Lembrade responder ao correo cun "recibido" todos aqueles que recibíchedes o caderno de recuperación.

BIOLOXÍA 1º ESO A: 20/05/2020

Ola a tod@s!

As actividades de hoxe son para 1ºESO A.

Como xa comentamos na clase da semana pasada, cada semana imos coñecer unha especie diferente a través dunha infografía. Lemmbrade que nela aparecen cuestións ás que debedes saber darlle resposta.

Déixovos aqui a desta semana, hoxe non tedes que entregar ningunha actividade xa que mañá comentaremos isto na clase en liña: 

https://view.genial.ly/5ec40291392b550d178edfd7/horizontal-infographic-review-erinaceuseuropaeus

Ademais diso, dádelle un ollo á teoría de vertebrados e invertebrados para as actividades de mañá.

Que pasedes bo día!

Un saúdo Sorriso

Notas:

  1. Tedes o cuestionario sobre vertebrados de onte dispoñible en quizizz para os que aínda non o completaron.
  2. Lembrade responder ao correo cun "recibido" todos aqueles que recibíchedes o caderno de recuperación.

1º BAC: ANATOMÍA APLICADA 20/05/2020

Bo día!

Información para os grupos de Anatomía aplicada:

  • 1ºBAC A:
    • Hoxe non temos clase en liña, a teremos a semana que vén para responder dúbidas do tema e facer algunha actividade.
    • a tarefa que tedes que facer está en arquivo adxunto. É unha práctica relacionada co sistema cardiovascular. Tedes que entregala o venres 22/05/2020.
  • 1º BAC B:
    • Temos clase en liña hoxe ás 12.30. Resolveremos dúbidas e explicareivos as adaptacións da programación para este último trimestre.

Calquera cuestión a resolvo, coma sempre, no correo electrónico.

Ánimo e que teñades bo día!

Un saúdoSorriso

BIOLOXÍA 1º ESO: 19/05/2020

Bo día!

Como xa vos dixen onte, déixovos un enlace a un cuestionario sobre vertebrados para facer en liña.

Soamente tedes que premer neste enlace https://quizizz.com/join?gc=7495900

Lembrade:

  • Non tedes que rexistrarvos. Se nalgún momento vos sae algunha mensaxe de que vos rexistredes para coñecer o voso progreso (ou unha mensaxe similar) pechádea.
  • Tedes que entrar co voso nome e primeiro apelido (ou a inicial dese apelido) para que logo eu poda ver as vosas respostas na actividade. Unha vez que entredes no enlace, o que primeiro vos pide e o nome e logo xa vos ten que aparecer o cuestionario.
  • Soamente vou contabilizar como feita a actividade co voso nome. Non entredes con outro para facer trampas e saber as preguntas. Ademais que soamente vou ter en conta o primeiro intento que fagades.
  • As preguntas teñen un tempo de resposta de 30 segundos cada unha, polo que é necesario que leades o tema antes de facer a actividade.
  • Tedes aberto o cuestionario ata o xoves ás 21horas.

Un saúdo Sorriso

Nota: os que recibíchedes o caderno de recuperación tedes que contestar a ese correo cun "Recibido"

BIOLOXÍA 1º ESO: 18/05/2020

Bo luns!

Tedes nun arquivo adxunto a actividade de hoxe (a entrega é mañá martes 19/05/2020). Trátase dunha lectura e debedes contestar as cuestións que vos aparecen nela.

Ademais diso, tedes que repasar a teoría dos vertebrados xa que mañá faredes un cuestionario en liña.

Ánimo coa nova semana!

Un saúdo! Sorriso

Nota: os que recibíchedes o correo co caderno de recuperación, lembrade que tedes que responder a ese correo cun "Recibido".

1º BAC B: ANATOMÍA APLICADA 18/05/2020

Boa semana a tod@s!

Déixovos nun arquivo adxunto a actividade que tedes que facer durante esta semana. A entrega é o venres 22/05/2020.

Trátase dunha práctica relacionada co Sistema Cardiovascular. Fixádevos ben no que tedes que responder e nas normas que ten que cumprir o que entreguedes. Contestade soamente ao que se pregunta.

Calquera dúbida a respondo, coma sempre, no correo electrónico.

Esta semana teremos clase en liña o mércores ás 12.30 xa que quero comentar con vós as modificacións da programación e resolver dúbidas sobre iso.

Nota: hoxe ás 12 da mañá remata o prazo para resolver o último quizizz

Un saúdo! Sorriso

1º BAC A e B: ANATOMÍA APLICADA 15/05/2020

Bo día!

Como xa vos comentei, déixovos a segunda parte do cuestionario sobre o Sistema Cardiovascular.

Lembrade poñer o voso nome e apelido, tedes un único intento de resposta e non fagades trampas!

https://quizizz.com/join?gc=3814604 (copiade e pegade para que non teñades problemas como o venres pasado)

Pasade boa fin de semana!

Un saúdo Sorriso

Nota: para os que tedes que facer a recuperación e recibíchedes o meu correo, lembrade responder cun "Recibido"

Distribuir contido


by Dr. Radut