Saltar navegación

O DATALOGGER

Para a fabricación do datalogger das MarumaSat empregamos a plataforma Arduíno, unha plataforma de hardware e software libres, baseada nunha placa e nunha contorna de desenvolvemento, deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares. E, antes de facer as montaxes, simularemos o seu funcionamento mediante unha aplicación online, denominada Tinkercad.

Aprende

Un datalogger ou rexistrador de datos pode ser considerado un tipo particular de sistema de control programado, xa que non dispón de actuadores. Trátase dun dispositivo electrónico que rexistra datos en función do tempo e/ou da posición por medio de sensores propios.

Estan baseados en microcontroladores e formados básicamente por un microprocesador, unha memoria interna e un ou varios sensores. Unha das súas principais características é o seu funcionamento automático: unha vez activado, miden e rexistran datos sen intervención humana.

Datalogger MarumaSat. NOSA. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0